Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

22 outubro 2008

Benvida

Queremos dar a nosa máis agarimosa benvida ao segundo blog nacido no CEIP San Martiño de Salcedo, un blog irmán da Salcedoteca, que xorde do labor do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. En primeiro lugar imos a explicar o por que deste nome tan "especial": Oñitram, que é Martiño escrito ao revés, é o nome que @s nos@s alumn@s lle puxeron un bo día á fraga que está ao carón do colexio, unha fraga chea de maxia, de criaturas extraordinarias e, sobre todo, chea de historias.

O principal obxectivo deste blog é o de ir informando a toda a comunidade educativa das diferentes actividades que o centro leva a cabo en materia de normalización lingüística, así como das diferentes novas que dentro deste ámbito xurdan.

Nos diferentes apartados que o forman poderedes atopar moitos recursos interesantes, como materiais elaborados por alumn@s e mestr@s, fotografías das actividades organizadas, enlaces de interese, lexislación e campañas de fomento do uso do galego e algunhas outras cousas curiosas.

Contamos coa vosa colaboración para que este blog saia adiante!