Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

22 febreiro 2010

ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DO GALEGO

A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) está formada por equipos de centros públicos, privados e concertados, e deles formamos parte profesionais do ensino que levamos anos traballando a prol do galego; persoas de ideoloxías moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galicia, tal e como di o Estatuto de autonomía.
Actualmente está a levar adiante unha campaña de respecto e sensibilización hacia a lingua galega e nela participan personaxes públicos coñecidos como Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro...
Podemos ver parte desta campaña no seguinte vídeo:

19 febreiro 2010

ENTROIDO GASTROMICO

Este venres, 19 celebramos a festa gastronómica do Entroido 2010.

Non faltou de nada: orellas, filloas, chulas, pasteis variados...

Os disfraces, os xogos, as risas, a comida tan rica! ... todo fixo que disfrutasemos de momentos moi bonitos.

Queremos agradecer dende aquí o interese e a amabilidade que tiveron todas as familias, que coa súa colaboración conseguiron que este día fose un éxito.

Ao rematar a festa, todos os doces que sobraron enviámolos ao Comedor dos Pobres (San Francisco) para que os máis necesitados puidesen tamén difrutar do entroido.

Unha vez máis grazas a tod@s pola vosa cooperación e xenerosidade!

E aquí deixamos, coma sempre a reportaxe gráfica para o voso recordo: