Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

02 marzo 2010

VISITA DO ALUMNADO DE 6º AO XI SALÓN DO LIBRO

O pasado martes 23 de febreiro tocounos aos de 6º visitar o Salón do libro de Pontevedra, que desta vez trata da cidade. Nós, como xa somos maiores, non fomos aos contacontos, tocounos ir a un obradoiro de regueifas e de rap: Cun rapeiro aprendemos a rapear un pouco, díxonos que o rap non é só música senón unha cultura, que empezou nos Estados Unidos en grupos afroamericanos que contaban os seus problemas utilizando esta música. O rap é un tipo de canto e baile con moito rimo. O rapeiro fíxonos unha demostración de como se facía, utilizou un casete cun rimo de batería moi forte ,díxonos que había que encontrar o pulso para cantar, e fixemos e cantamos este rap:

Non me gusta o cole
porque hai moitos deberes,
eu quero que mole
con moi bos profesores.

Despois un regueifeiro chamado Luís dos Carunchos explicounos moi ben o que son as regueifas: a súa historia, como ten que ser a rima , os versos ...pero se aprendes esta cantinela xa che sae soa .

TARA RIRO RIRO RIRO
TARA RIRO RIRO RARO

E entre todos fixemos varias regueifas, a última di así:

Vimos ao Salón do libro
e pasámolo moi ben
que pena que xa marchemos
deica logo e parabéns.
Deica logo e parabéns
pero pronto votaremos,
será o ano que ven
no instituto xa estaremos.

Cando saiamos entrevistounos a TVE de Galicia e entre todos cantámoslle a regueifa que fixeramos.
Por ultimo, pasamos a ver as exposicións dos libros e dos decorados paramos nunha sala que parecía un sumidoiro, alí, o noso compañeiro Brais contounos un pouco dun conto que xa contara outro día para pequenos.Logo vimos a exposición do escritor Agustín Fernández Paz.
Pasámolo xenial.