Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

28 xuño 2010

HISTORIA DA LINGUA GALEGA
Agora que xa comenzamos as vacacións é interesante ir á praia e disfrutar, pero tamén... Podemos refrescar a memoria con este interesante libro de Pepe Carreiro sobre a historia da lingua galega. Mergullade no pasado e presente da nosa fala.


18 xuño 2010

AGORA TOCOUNOS A NÓS IR Á ARMENTEIRA


O día 14 de xuño o alumnado dos cursos de 1º, 3ºe 5ºde Primaria do CEIP San Martiño, visitamos o colexio da Armenteira, con motivo do intercambio cultural que estamos tendo estes dous Centros de medios naturais tan diferentes: rural a Armenteira e urbano San Martiño.
Cando chegamos, os da Armenteira esperáronnos agachados para darnos unha sorpresa e recibíronnos moi ben.
Moi pronto marchamos a facer a Ruta da Pedra e da Auga, foi unha longa camiñada pola beira dun río con moitas rochas que, a veces, facían pequenas fervenzas, estaba rodeado de moita vexetación, tamén había moitos muíños. As profesoras da Armenteira facían de guías e axudábannos a pasar polos lugares máis difíciles. Algúns de quinto tamén lle axudamos aos de primeiro. Cansámonos un pouco pero mereceu a pena, ao remate da ruta, está a Aldea Labrega, que ten varias estatuas de pedra, foi onde merendamos. Un pouco máis adiante, había un parque con bambáns onde xogamos e rimos moito. Alí as mestras da Armenteira repartiron “chocolatinas” e zumes para todos. Que ricas que estaban! Logo o autobús levounos de volta a Armenteira para ver o colexio por dentro, que é moi bonito e teñen as paredes cubertas duns murais preciosos, por último xogamos un pouco no patio e xa nos foi hora de volver para o noso colexio en Salcedo.
Foi unha experiencia xenial.
Mirade as fotos que fixemos.