Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

miércoles, 27 de octubre de 2010

DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co gallo da celebracion do Día Internacional das Bibliotecas Escolares (24 de outubro), na clase de plástica, as nenas e nenos de 2º curso fixemos estes marcapáxinas con rotuladores de cores, empregando a técnica dos puntiños ou das raias.

Pasámolo moi ben facéndoos!!!

Logo empregarémolos para sinalar nos libros onde imos lendo.


Os orixinais pódense ver na porta da nosa clase, pero a nosa mestra sacoulles unhas fotos para que os puidésedes ollar dende a casa.

Esperamos que vos gusten.

viernes, 22 de octubre de 2010

OBRADOIRO FOTOPERIODISTA
No CEIP San Martiño empezamos o curso con visitas didácticas, o que é a nosa metodoloxía habitual de traballo do profesorado e que nos serve de motivación e de aprendizaxe.
O martes 19 de outubro o alumnado de 5º e 6º fomos a un obradoiro de foto periodismo a Caixa Galicia .
Primeiro vimos un vídeo no que aparecía un foto periodista sacando fotos a unha casa incendiada, iso quere dicir, que os foto periodistas corren moitos riscos cando sacan a foto porque teñen que estar moi cerca do suceso.
Aprendemos que a profesión de foto periodista naceu na guerra. Un dos foto periodistas máis importantes do século XX foi Robet Capa que dicía: “Se as túas fotografías non son o suficiente boas é porque non están o suficientemente cerca”. É difícil e perigoso ser foto periodista porque hai que sacar as fotos dende moi cerca e no momento xusto.
Despois pasamos a ver a exposición de fotos ao primeiro andar onde nos explicaron que hai varios tipos de fotografías:
-A que fai o foto periodista: na que se ven imaxes do que pasou realmente.
-Foto ilustración: que complementa a explicación dun texto.
-Fotografía artística: na que se da a sensación de movemento ou o que queira o fotógrafo
-Fotografía de crítica social: que nos mostra imaxes tristes ou pobres onde vemos que non todas as persoas teñen suficientes cousas para vivir.
Todos estes tipos de fotos vímolas na exposición e nolas amosou unha monitora chamada Ana que tamén nos ensinou un periódico moi antigo, todos pensamos que era moi aburrido porque non tiña fotos. Ela díxonos que as fotografías poden expresar moitas cousas.
Había fotos da folga do metal de Vigo, unha das que máis nos gustou foi a da torre de Hércules con raios no ceo que foi sacada no momento preciso.
Por último fixemos un taller de foto periodistas intrépidos que consistía en poñernos en grupos e facer o noso propio xornal ao que lle engadimos unha foto que nos sacou a nosa monitora Ana.
Foi unha saída moi interesante e divertida.

Alumnado de 5ºcurso.

domingo, 17 de octubre de 2010

Xa chega o Samaín!

Dende o blog da biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos chegan esta morea de recursos para celebrar o Samaín.

Hai de todo: cancións, videos, xogos, libros...Vai ser un Samaín... de medo!

Pincha na imaxe ou aquí e poderás coñecelos. Graciñas e ánimos dende Salcedoteca.