Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

14 novembro 2011

CONTO DO SAMAÍN

Chegou a noite do Samaín. Eu xa a estivera esperando meses e meses, na miña cova. E quen son eu? Pois un lobo negro, como o carbón, cos ollos amárelos coma as estrelas e moita sede de sangue.
Esa noite estaba listo para saír na procura dunha presa humana, a miña comida favorita. Os meus afiados cairos necesitaban despezar carne.
Deixei a miña cova na escuridade da noite, para pasar desapercibido.
A noite do Samaín era a favorita dos lobos, porque é cando a xente tennos mais medo. Nas súas crenzas dise que na noite do Samaín, os lobos saen de caza posuídos polo mal e comezan a matar á xente como se nada.
Por fin, despois de camiñar durante un quilómetro ou dous, divisei a aldea. Que ben!
Senteime a decidir en que casa entraría a comer. Ao final decidinme por una pequena granxa, que estaba moi preto de min. Cando cheguei ata ela decateime que cometera un erro elixindo una granxa. Tiñan un can pastor que se puxo a ladrar e ouvear coma un tolo. Ben, non me quedaba mais remedio que desfacerme del. Cun salto e una chanchada, quedou tirado no chan. Cando rematei metinme dentro da casa. Por sorte ninguén se decatara dos ouveos do can.
Dentro, todo estaba en silencio. Nunha habitación estaba o granxeiro. Noutra a súa muller e os seus fillos. Decidinme polo home porque cos outros tería moi pouca carne. Entrei na súa habitación e olleino. Estaba gordo, xenial! Subinme na súa cama, sen que ninguén puidera facer nada, papeino case enteiro e, para rematar, collín a súa cabeza como trofeo e voltei cara o bosque.
De súpeto, atopeime a media aldea vagando por alí con escopetas de caza. Cando me viron correron detrás de min intentando dispararme e ferirme. Non parei ata chegar a miña cova. Unha vez alí celebrei a miña vitoria cun profundo ouveo que atravesou o bosque…

ELIA 6º EP    



06 xullo 2011

VISITA Á ILLA DE AROUSA COS AMIG@S DA ARMENTEIRA




01 xuño 2011

LETRAS GALEGAS: LOIS PEREIRO




CORRELINGUA 2011

21 maio 2011

LETRAS GALEGAS 2011


Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano, foi o personaxe ao que lle adicamos no centro a nosa a tención e estudo.


O pasado 17 de maio, realizamos unha activiadade innovadora, organizada polo EDLG do centro e que consistiu nunha lectura colectiva dun dos poemas do autor, que foi acompañada pola proxección de imaxes alusivas ao texto.




22 marzo 2011

ROTEIRO CASTELAO
Hoxe o alumnado de 3º ciclo de Primaria participou no Roteiro Castelao, organizado e promocionado polo Concello de Pontevedra.
Tivemos a oportunidade de visitar rúas e lugares de Pontevedra vencellados historicamente coa figura de Castelao, así como unha Sala do Museo Provincial, na cal se conservan parte da obra e pertenzas deste importante personaxe.
Máis tarde, cando rematou este roteiro guiado e aproveitando a saída visitamos a Basílica de Santa María, a rúa da Amargura, na cal se ubicou o antigo Tribunal da Inquisición, os restos da antiga Muralla, a rúa dos xudeos...
Resultou unha saída moi entretida e proveitosa.

24 xaneiro 2011

Xogamos: O trivial das mentiras históricas

Seguro que escoitastes algunha vez que Napoleón era moi baixiño, ou que os piratas enterraban os seus tesouros. Nada máis lonxe da realidade, Napoleón media case 1,70 m., unha estatura máis que aceptable para a súa época; e nunca se atopou un tesouro pirata enterrado, o normal era que gastasen os seus botíns en tabernas e casas de xogo.

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria fixeron un traballo de investigación sobre algunhas destas "mentiras históricas", feitos que a maioría das persoas pensamos que son reais, pero que en realidade non son máis que mitos ou lendas urbanas.

Agora, propoñémosvos que xoguedes a descubrir as "mentiras históricas" facendo clic nas seguintes ligazóns: