Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

14 novembro 2011

CONTO DO SAMAÍN

Chegou a noite do Samaín. Eu xa a estivera esperando meses e meses, na miña cova. E quen son eu? Pois un lobo negro, como o carbón, cos ollos amárelos coma as estrelas e moita sede de sangue.
Esa noite estaba listo para saír na procura dunha presa humana, a miña comida favorita. Os meus afiados cairos necesitaban despezar carne.
Deixei a miña cova na escuridade da noite, para pasar desapercibido.
A noite do Samaín era a favorita dos lobos, porque é cando a xente tennos mais medo. Nas súas crenzas dise que na noite do Samaín, os lobos saen de caza posuídos polo mal e comezan a matar á xente como se nada.
Por fin, despois de camiñar durante un quilómetro ou dous, divisei a aldea. Que ben!
Senteime a decidir en que casa entraría a comer. Ao final decidinme por una pequena granxa, que estaba moi preto de min. Cando cheguei ata ela decateime que cometera un erro elixindo una granxa. Tiñan un can pastor que se puxo a ladrar e ouvear coma un tolo. Ben, non me quedaba mais remedio que desfacerme del. Cun salto e una chanchada, quedou tirado no chan. Cando rematei metinme dentro da casa. Por sorte ninguén se decatara dos ouveos do can.
Dentro, todo estaba en silencio. Nunha habitación estaba o granxeiro. Noutra a súa muller e os seus fillos. Decidinme polo home porque cos outros tería moi pouca carne. Entrei na súa habitación e olleino. Estaba gordo, xenial! Subinme na súa cama, sen que ninguén puidera facer nada, papeino case enteiro e, para rematar, collín a súa cabeza como trofeo e voltei cara o bosque.
De súpeto, atopeime a media aldea vagando por alí con escopetas de caza. Cando me viron correron detrás de min intentando dispararme e ferirme. Non parei ata chegar a miña cova. Unha vez alí celebrei a miña vitoria cun profundo ouveo que atravesou o bosque…

ELIA 6º EP