Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

jueves, 31 de mayo de 2012

Xogos populares: a billarda (II)

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria participaron, o pasado mércores 30 de maio, na "Xornada de billarda" organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, xunto con outros catro centros de ensino da cidade (Campolongo, Xeve, Lérez e Campañó).

Nunha única actividade mesturáronse diversión, exercicio físico, contacto con rapaces doutros centros, aprendizaxe de vocabulario relacionado cos xogos populares... deixando un recordo inesquecible en tod@s os que participamos nela. Para mostra, aquí vos deixamos unhas cantas imaxes. 

Correlingua 2012

CORRELINGUA, é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.


O mércores 9 de maio de 2012 celebrouse o Correlingua cunha marcha que percorreu distintas rúas da cidade de Pontevedra, que rematou coas actuacións de Iria Sobrado e Roger de Flor e os Silvestres. O acto pechouse coa tradicional entrega de premios e agasallos.

 

viernes, 4 de mayo de 2012

Xogos populares: a billarda

Hoxe, venres 4 de maio, visitáronnos dous monitores da Asociación Cultural Ecobateas para presentarnos o tradicional xogo da billarda. Esta actividade encádrase dentro da programación do “Maio, mes da lingua”, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

A billarda ou estornela é un xogo popular, recuperado e posto en valor nos últimos anos. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras.

Para xogar necesítase: un pequeno pau (duns 20 cm.) lixeiramente afiado nos extremos chamado billarda, e outro pau de maior tamaño e grosor (ao redor de 50 cm.) chamado palán.

O xogo consiste en golpear co palán nunha das puntas da billarda (que está colocada no chan), de xeito que se fai saltar a billarda, e, xa no aire, dáselle un segundo golpe que a despide a maior distancia. Gaña o xogador que consigue chegar coa billarda ata o varal (especie de portería) antes que os seus contrincantes.

Na seguinte reportaxe fotográfica podedes ver como os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria pasárono en grande con este xogo tradicional, que volverán a practicar nun encontro que se celebrará a finais deste mes de maio, xunto con rapaces e rapazas doutros centros do concello de Pontevedra.

lunes, 26 de marzo de 2012

DIA DA POESÍA

O 21 de marzo celebramos o Día da poesía. Os alumnos de 2º de Primaria quixemos lembrar neste día a Rosalía de Castro. 


domingo, 26 de febrero de 2012

ROSALÍA DE CASTRO

24 de febreiro de 2012, celebrouse en toda Galicia o 175 aniversario do nacemento da nosa poeta Rosalía de Castro.
Dicía Curros Enriquez que Rosalía levaba "no bico un cantar". A nós, os alumnos e alumnas do 2º curso de Primaria chegounos ese cantar e transformámolo en retratos e acrósticos co seu nome. Aquí tedes unha pequena mostra deles.
A música que podemos escoitar no video pertence ao CD Rosalía 21 de Anxo Angueira, Guadi Galego e Abe Rábede da editora Falcatruada
Queremos aproveitar para apoiar a proposta que se fai dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para converter esta data 24 de febreiro no Día de Rosalía, donde se agasallen libros en galego e unha flor.