Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

16 decembro 2013

POSTAIS EN GALEGO

 O  seguinte  enlace ofrécevos diferentes modelos de postais en galego que podedes enviar por correo electrónico para felicitar estas festas.

14 decembro 2013

MANUALIDADES NADAL

IDEAS PARA POSTAIS DO NADAL

RECOMENDACIÓN LITERARIA


"O Club  da Calceta" de María Reimóndez, 
 un libro da vida, un libro de historias  de superación persoal,  un libro cheo de optimismo, un libro de mulleres, un libro engaiolador.

23 novembro 2013

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL

  No seguinte enlace podedes atopar recursos para traballar ,na aulas de educación infantil e primaria, a  convivencia, coeduación e educación sexual :   CONTRA  A  VIOLENCIA  DE XÉNERO




07 novembro 2013

2ª PREMIO PARA A EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP SAN MARTIÑO


 A Educación Infantil do Ceip San Martiño acadou o segundo premio do VII Certame de Recolla da Tradición Oral  Galego-Portuguesa, convocado pola Asociación Pedagóxica Ponte...nas  Ondas,  presentando un vídeo titulado "Xogos de Avós".



06 novembro 2013

UNIDADE DIDÁCTICA : " O MAGOSTO"

 O  CEP PLURILINGÜE  IGREXA—VALADARES  realizou esta unidade didáctica sobre o Magosto para a Educación Primaria.


UNIDADE  DIDÁCTICA.

RECURSOS MAGOSTO

EDUCALIM:  Lims  sobre o Magosto


*  A CASTAÑEIRAConto sobre a figura da castañeira en galego e en castelán para traballar en educación infantil e primeiro ciclo de primaria.



* A  CASTAÑA  QUE  REBENTOU  DE RISAConto con actividades para infantil e primaria.




* LIM  SOBRE  O  MAGOSTO:  Libro Lim sobre a celebración do Magosto con actividades variadas para Educación Infantil e os tres ciclos de primaria.


* CELEBRAMOS  O  MAGOSTO: Libro Lim sobre o Magosto para educación primaria.

24 outubro 2013

A FESTA DO SAMAÍN



     -  QUE   É   O   SAMAÍN?   - VIEIROS DA ESCOLA


     - AS   CABAZAS:   WIKIPEDIA


   -  TALLAR   CABAZAS  EN  GALICIA: CULTURA  GALEGA.ORG

FICHAS IMPRIMIBLES E RECEITAS SAMAÍN





FICHAS  PARA  DARLLE  COR




XOGO DO SAMAÍN





                XOGO  SAMAÍN

VIDEO CONTOS SAMAÍN






   *  A  BRUXA  REGAÑADENTES






     *  CORRE  CORRE  CABACIÑA

   






RECURSOS PARA O SAMAÍN: CANCIÓN

  CANCIÓN  SAMAÍN   MAMÁ  CABRA





LECTURAS PARA O SAMAÍN


   RECOMENDAMOS





OS  BOLECHAS  VAN  Á  FESTA  DOS CALACÚS

(PEPE  CARREIRO . EDITORIAL  A  NOSA  TERRA)






                                     SAMAÍN

(CLARA  DE  SAÁ. EDITORIAL KALANDRAKA)




                        INDO   PARA   O  SAMAÍN

( CARLOS  E SABELA  LABRAÑA. EDITORIAL EVEREST)
 
 


CORRE   CORRE, CABACIÑA.  OQO


PARA  OS  PAPÁS  E  AS  MAMÁS


PEL  DE  LOBO

XOSÉ  MIRANDA  RUIZ.  XERAIS

13 maio 2013

TELEXORNAL SOBRE A VIDA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESTE  ANO  DEDICADO   A  ROBERTO  VIDAL  BOLAÑO

          Roberto Vidal Bolaño, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. No ano 2013 adícaselle o Día das Letras Galegas. 

           Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte Santasmarinas, actriz galega nada en Bos Aires, o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo, isto último co pseudónimo de Julia Brens.Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a obra Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958.

             Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e a Televisión Española, con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo).

              Participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.

                  En 1991 creou a compañía Teatro do aquí, que dirixiu ata o seu pasamento.

                 A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Tal vez influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen verdadeiros ensaios sobre a vida e obra da poeta galega máis universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o teatro de Ramón María del Valle-Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra. As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. Nas súas pezas cóidase o diálogo co público.

Teatro:
   
Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro) ISBN 978-84-85170-16-6.[4]

Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco) ISBN 84-86021-97-9.

Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego) ISBN 978-84-85553-97-6.[5]

Cochos (1992, Sotelo Blanco) ISBN 978-84-7824-071-5.[6]

Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña) ISBN 978-84-86040-63-5.

Saxo tenor (1993, Xerais) ISBN 978-84-7507-715-4.[7]

Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996, AS-PG) ISBN 84-921126-0-3.

Doentes (1998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes).

A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1998, Xerais) ISBN 84-8302-277-X.

Rastros (1998, Positivas) ISBN 978-84-87783-50-0.[8]

—Vidal Bolaño, Perspectivas do teatro galego actual (2002).

O día que os chífanos deixaron de zoar.

Criaturas (2000, Teatro do Noroeste) [9]

A burla do galo (2000, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-2735-7.[10]

Mar revolto (2001, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3079-1.

Integral (2003, Embora) ISBN 978-84-95460-23-3.

As actas escuras (2005).[11][12]

Ensaio:

 Perspectivas do teatro galego actual (2002).[13]

Colectivas:

O circo de medianoite; Maremia; Actas escuras, con M. Lourenzo e E. Ruibal (1998) ISBN 84-89679-50-9.

Daquel abrente, con Francisco Taxes (2003, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3503-1.

Animaliños, con Luís Alonso Girgado (2003, Follas Novas) ISBN 978-84-85385-77-5.


Premios e recoñecementos :

Placa de rúa adicada en Santiago.

Abrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures.

O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón.

Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes).

O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto.

Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.

Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Premio Álvaro Cunqueiro.

Premio Xacobeo (1992).

Premios Rafael Dieste 1992 e 1997 da Deputación da Coruña.

Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003).[14]
  Rolda de prensa na RAG

Méndez Ferrín anuncia que Vidal Bolaño será o homenaxeado en 2013; Euloxio Ruibal e Margarita Ledo explican os motivos.

Premio Eixo Atlántico.

Premio Maruxa Villanueva (2001) do concello de Padrón.[15]

Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra Criaturas).

Rúas en Santiago de Compostela e Perillo, Oleiros, levan o seu nome.

A sala de teatro da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome.

Día das Letras Galegas 2013.

07 marzo 2013

Marilar Aleixandre

 



              A   XIV   edición no Salón do Libro esta dedicada a escritora  Marielar  Aleixandre.





OBRA  LITERARIA:



Visita o Salón do Libro

Añadir leyenda

  
A toda máquina os alumnos e alumnas de Educación Infantil do noso centro visitaron o martes 5 de Marzo o Salón do Libro onde disfrutaron dunha sesión de contacontos e unha visita guiada a exposición.

                                      
                                               

02 marzo 2013

A TODA MÁQUINA

     

    Hoxe deu comezo no Pazo da Cultura de Pontevedra a XIV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, " A Toda Máquina"  e ata o 23 de marzo poderemos disfrutar de diversas actividades de balde para toda a familia ( exposicións, teatro, contacontos, obradoiros, etc).



Este é o traballo que presentou o noso centro.    

                                                                          

18 xaneiro 2013

Presentación do Club de lectura

No CEIP San Martiño empezamos o ano con folgos novos e con ansias de poñer en valor a nosa lingua e cultura, por eso, o luns día 21 tivo lugar a presentación do noso club de lectura. Van participar nel: nais, pais a tamén un grupo de profesoras.

A Presidenta é a Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio que tivo a iniciativa de poñer en marcha este club de lectura en lingua galega

Dende aquí queremos que a nosa lingua se normalice como lingua propia de Galicia.

Ademais, unida ao portugués, a lingua irmán, é a quinta lingua mais falada do mundo. Os países da lusofonía están espallados por os diferentes continentes. Por tanto, aprender galego tamén é útil para comunicarnos con boa porte da humanidade.

O libro elixido para empezar é un libro que acaba de saír do prelo: As voces baixas

Do emblemático escritor Manolo Rivas.