Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

18 xaneiro 2013

Presentación do Club de lectura

No CEIP San Martiño empezamos o ano con folgos novos e con ansias de poñer en valor a nosa lingua e cultura, por eso, o luns día 21 tivo lugar a presentación do noso club de lectura. Van participar nel: nais, pais a tamén un grupo de profesoras.

A Presidenta é a Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio que tivo a iniciativa de poñer en marcha este club de lectura en lingua galega

Dende aquí queremos que a nosa lingua se normalice como lingua propia de Galicia.

Ademais, unida ao portugués, a lingua irmán, é a quinta lingua mais falada do mundo. Os países da lusofonía están espallados por os diferentes continentes. Por tanto, aprender galego tamén é útil para comunicarnos con boa porte da humanidade.

O libro elixido para empezar é un libro que acaba de saír do prelo: As voces baixas

Do emblemático escritor Manolo Rivas.