Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

17 decembro 2014

AGASALLO EU

Agasallo eu! unha páxina onde podedes atopar agasallos de todo tipo: libros, xogos, experiencias, música, tecnoloxía, alimentación, audiovisual, téxtil...
  A plataforma conta cun apartado para que creedes catálogos de agasallos, o que facilitará as vosas compras, ou para que os compartades con amigos, familia... ofrecéndolles boas ideas para mercar este Nadal. Ademais o buscador inclúe unha ferramenta especial para filtrar os regalos por tipo de produto, prezo, idade... máis sinxelo imposible!

Se queredes atinar cos vosos agasallos e abraiar á familia e amizades non o pensedes máis: entrade en agasallo.eu! 

14 decembro 2014

OS BOLECHAS: " PANXOLIÑAS ACATARRADAS"


IDEAS PARA O NADAL


ÁLVARO CUNQUEIRO

  Club  de  lectura  o 13 de xaneiro os membros do club de lectura debatirán sobre a Antoloxía de Álvaro Cunqueiro, as 18:30h, na biblioteca do centro.


ÁLVARO  CUNQUEIRO: nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galega. En 1991 foille dedicado o Día das Letras Galegas.
  Foi membro de primeira hora do Partido Galeguista. A sublevación dos militares sorprendeu a Cunqueiro en Mondoñedo, e por influencia da súa familia, moi conservadora, non foi obxecto de represalias e conseguiu praza de profesor nunha escola privada en Ortigueira, á que chegou en outubro de 1936. Colaborou na publicación local falanxista Era Azul, militou na Falanxe Española durante a Guerra Civil tendo o cargo de xefe de Prensa e Propaganda comarcal. Jesús Suevos, o xefe territorial da Falanxe en Galicia e director de El Pueblo Gallego pediulle en 1937 que entrase na redacción do xornal como encargado da parte literaria e colaborador de asuntos actuais; Álvaro aceptou e marchou para Vigo. Durante a súa estadía en Vigo tamén ensinou, durante un curto período de tempo, portugués no instituto da cidade. Foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poético, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Na liña vangardista, iniciou o neotrobadorismo cos poemarios Mar ao norde (1932) e Poemas do si e do non (1933); Cantiga nova que se chama Riveira (1933) escribiuna baixo o influxo do trobadorismo da lírica galego-portuguesa medieval.

 Nos anos 40 e 50 comezou a dedicarse principalmente á narrativa, publicando tres novelas relevantes: Merlín e familia e outras historias, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas.... Así mesmo, publicou tres libros de relatos: Xente de aquí e de acolá, Escola de menciñeiros e Os outros feirantes. Deste último fíxose unha serie de seis historias adaptadas á pantalla con actores galegos e españois de prestixio.

Recibiu o Premio da Crítica española en 1959 por Las crónicas del sochantre, que en realidade foi unha tradución d´As crónicas do sochantre, que escribira primeiro. Así mesmo, foille concedido o Premio Nadal en 1968 por Un hombre que se parecía a Orestes, e o premio Frol da Auga en 1979 por Herba de aquí e acolá. Tamén, como xornalista, recibiu o Premio Conde de Godó. En 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.


DOCUMENTAL: IMPRENSCINDIBLES- ÁLVARO CUNQUEIRO

25 novembro 2014

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




 MULLERES  EN  GALICIA


ACTIVIDADES  CREADAS  POR  PILAR  PONTE  PARA  COÑECER  O PROBLEMA QUE SUPÓN  A  VIOLENCIA  DE  XÉNERO.

A ESMORGA PELÍCULA

PRESENTACIÓN  DA  PELÍCULA   " A  ESMORGA"


Os membros  do club  de lectura do Ceip  San  Martiño, nunha tarde de cine para vermos  A Esmorga.

A ESMORGA

O próximo día 2 de decembro as 18:30h, na biblioteca do centro, os membros do club de lectura manterán unha conversa entorno a obra de Eduardo Blanco Amor  " A Esmorga".


EDUARDO  BLANCO AMOR:  nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego. En 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.lanco Amor, cuxo pai abandonou o fogar cando só tiña tres anos, foi un neno enfermizo que non recibiu unha educación formal, pero que aprendeu pola súa conta lendo xornais. En 1915, á idade de dezasete anos, comezou a traballar como secretario de dirección en El Diario de Orense. Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, de quen tamén foi alumno na Escola Normal, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.

En 1919 emigrou a Buenos Aires, onde continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, fundada en 1921, que pretendía aglutinar tódolos inmigrantes galegos e da que chegaría a ser director do seu órgano El Despertar Gallego. No 1924 coñece a Ramón Suárez Picallo, que había ser o seu gran amigo. En 1923 fundou con Ramiro Isla Couto a revista Terra, en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista chamada Céltiga, da que tamén será director. En 1926 entrou a formar parte do diario arxentino La Nación, onde coñeceu escritores arxentinos como Leopoldo Lugones, Horacio Quiroga, Borges, Sábato e Mallea. Tamén colaborou con publicacións como Correo de Galicia e a Revista de la Casa de Galicia.

En 1927 publicou a súa primeira obra, Os Nonnatos. Ao ano seguinte seguiuna o libro de poemas Romances gallegos, encadrado dentro dunha estética modernista cunha forte influencia dos romances casteláns e de Luís Amado Carballo.

En 1928 retornou durante un ano a Galiza como correspondente do diario La Nación. Durante este primeiro regreso coñeceu a Castelao e a varios intelectuais do Partido Galeguista e do grupo Nós, e escribiu Poema en catro tempos, que publicaría posteriormente na Arxentina en 1931. Dende Buenos Aires colaborou máis tarde coa revista Nós con varios poemas e tres capítulos da súa novela inconclusa A escaleira de Jacob.

Volveu a instalarse en España como correspondente de La Nación entre 1933 e 1935, e coñeceu en Madrid a Federico García Lorca, con quen tivo unha grande amizade e a quen acompañou á casa familiar de Fuente Vaqueros en varias ocasións. É salientable o feito de que Blanco Amor foi o responsable de convencer a Lorca para que publicase os Seis poemas galegos (1935).

Defendeu dende Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria, con obras como Los miedos (1936) ou La catedral y el niño (1948). En 1956 volveu ao galego con Cancioneiro, e en 1959 publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: A esmorga. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena é o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude , o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza , o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.

En Buenos Aires fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego, que puxo en escena obras de Lugrís Freire, do propio Blanco Amor e doutros autores. Tamén foi director da revista Galicia, publicada pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.

Retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, e publicou outra obra que tivo gran repercusión, o libro de relatos Os biosbardos (1962), relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada conto. A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en 1970 alumeou unha nova edición d' A esmorga, e en 1972 apareceu a extensa novela Xente ao lonxe, onde a través dos avatares que lle ocorren a unha familia de clase obreira, retrata a sociedade urbana, moi estratificada, do Ourense de principios de século. Nos seus últimos anos prestou unha grande atención ao xénero teatral, con obras como Farsas para Títeres (1973) e Teatro prá xente (1975).

Amais da literatura, practicou a fotografía de xeito afeccionado, cunha cámara Voigtländer. As súas imaxes, máis de 3.000, permanecen sen clasificar no arquivo da biblioteca da Deputación de Ourense. En 2004 Editorial Galaxia publicou o libro A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973, unha escolma representativa con edición e limiar de Carlos Lema e cun epílogo de Margarita Ledo. Inclúe autorretratos, imaxes de viaxes por lugares como Marrocos, París ou Nápoles, e fotografías de persoeiros como García Lorca, Castelao, Otero Pedrayo, Luís Seoane ou Indalecio Prieto.

Finou en Vigo, dunha trombose, o 1 de decembro de 1979, no taxi que o levaba cara o hospital.[1] Foi soterrado na cidade que o viu nacer no cemiterio de San Francisco.

Moitas das súas obras narrativas (A Esmorga, Xente ao lonxe, Os biosbardos) desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, transposición literaria do seu Ourense natal. Os críticos literarios encontraron nas súas ficcións ecos de autores como Valle-Inclán ou Eça de Queirós.

A SOPA QUEIMA

 OUFF ESCOLA 2014
     A Concellaría de Cultura, Normalización Lingüística e Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o V Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 19ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

O Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

 O CEIP San Martiño presentou a concurso o flim  " A Sopa Queima" protagonizada polo alumnado de educación infantil do curso 2013/2014, a cal foi nominada a mellor película dentro do certame.


Pulsa no seguinte enlace se desexas ver a  película.



08 novembro 2014

CARTA DE DESPEDIDA DE BEGOÑA CAAMAÑO



RECURSOS OUTONO





      POEMAS, ADIVIÑAS, LENDAS  E  REFRÁNS









          GALERÍA   DE  FOTOS








   

         
            LÁMINAS   PARA   COLOREAR





                  

                                                                   
                                                             


        O   CASTIÑEIRO









                                                    MANUALIDADES











           

Club de lectura " A Saga dun Aifador" de Xosé Fernández Ferreiro

O martes 11 de novembro, as 18:30h na biblioteca do centro os membros do club de lectura vanse reunir para devatir en torno a obra  ¨A saga dun afiador" de Xosé Fernández Ferreiro.


   Xosé Fernández Ferreiro: nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931.Membro do grupo literario nacionalista Brais Pinto. Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.

No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega[1] e tomou posesión o 9 de marzo de 2013.

Obra:

Poesía:
Ribeirana do Sil (1952, edición do autor).
A noite (1959, Brais Pinto).
Narrativa
A morte de Frank González (1975, Edicións do Castro).
Morrer en Castrelo do Miño (1978, Edicións do Castro).
A saga dun afiador (1980).
A ceo aberto (1981).
Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981, Xerais).
Reportaxe cósmico (1983).
A fraga dos paxaros salvaxes (1985, Xerais).
O minotauro (1989, Sotelo Blanco).
Agosto do 36 (1991, Xerais, traducida ao castelán).
A cidade das chuvias (1994, Xerais).
Co medo nas mans (1996, Xerais), relatos.
O atentado (1999, Xerais).
O último paraíso (2001).
Millo verde (2002, Xerais).
Os últimos fuxidos (2004, Xerais).
Tempo de centeo (2009, Xerais).

Narrativa infanto-xuvenil
O conto da boa e da mala pipa (1996).

Ensaio
De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde, (2012, Xerais).

Obras colectivas
Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II), 2006, Consello da Cultura Galega.
Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.

Premios
Premio Galicia de Xornalismo no 1985.
Premio Xerais no 1991, por Agosto do 36.
Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2000, por O atentado.
Galardoado coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2003.
Premio Brais Pinto no 2013.