Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

21 marzo 2014

POESÍAS XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

  Para conmemorar este día, Celso Emilio Ferreiro,   " Longa  noite de Pedra"



                                                            LONGA  NOITE   DE  PEDRA

18 marzo 2014

XV SALÓN DO LIBRO: COCIÑANDO CONTOS

       O CEIP San Martiño na inauguración da XV edición do Salón do Libro: As mestras de Educación Infantil acompañadas de  nenos e nenas do colexio xunto o   CEIP Parada de Campañó  presentaron ós  proxectos realizados polos seus centros, expostos no Salón, a todo o público que acudíu a inaguración do certame  que tamén contou coa  presenza dos Chés Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem de Teatro Ghazafelhos e sesión de contacontos con Pavís Pavós.


12 marzo 2014

1ª PREMIO TERCEIRO CICLO



  A gañadora do primeiro premio é Cara Carmona García, dedicoulle a redacción a súa madriña.


      Este é a súa redacción:


      A miña madriña chámase Antolina, naceu no ano 1952 en Valdeorras, pero de moi pequena foi para Celavente, unha aldea do concello do Bolo, onde naceron os seus pais, ten un irmán maior que ela.

 Os seus pais tiñan unha tenda, a súa nai traballaba na tenda e o seu pai levaba os productos á tenda, tamén a súa nai coidaba da horta e tiña que atender os porcos, as galiñas e coidar a casa. A tenda era de ultramariñas, eso quere dicir que venden de todo, dende comida ata roupa e calzado. No comercio vendían a granel , o aceite, o viño, a fariña, o azucre, pesábanse nunha báscula (mabba) e metíanse en cucuruchos de papeis de periódico. Dende moi pequena axudou a despachar na tenda.
       De pequena ía a unha escola unitaria porque só había un mestre/a, e mixta porque había nenos e nenas. No colexio estaban dos 6 anos aos 14 anos, ela só estivo ata os 10 anos porque fixo ingreso ao bacharelato.
     As nenas xogaban o triguel e a comba. Os nenos a villarda e as canicas, xuntos xogaban ao pano e o pase misín.
    Con 11 anos volveu vivir en Valdeorras onde pasou a adolescencía. Estaban de moda os vestidos de naylon con voo, os zapatos de charol e os calcetíns de perlé para sa festas  e para o día a día os zapatos de marca "gorila", as alpargatas de esparto e os zocos.
     Estudou  por libre nun instituto de Monforte de onde lle viña dar clases unha profesora a súa casa, ata 3ª de Bacharelato, que estudou nun colexio de monxas e 6ª estudou nun instituto de Madrid. Fixo tantas viaxes porque naquela época apenas existía a ensinanza pública e tiña que ir aos colexios de monxas(nenas) e de curas (nenos) ou as capitais importantes.

    Na adolescencia facían guateques no garaxe do pai dun do grupo ou na serraría doutro do grupo. Levaban música dos Brincos e do Duo Dinámico.
  Xa con 24 anos casou cun mozo de Pontevedra, chamado Xosé Ramón. Ao ter a súa filla aos 27 anos decidiron ir vivir a Pontevedra. Aquí empezou a traballar nunha empresa de urbanismo, na que estivo trinta anos, ata que coa chegada da crise quedou no paro e máis adiante xubilouse anticipadamente, aínda que segue a coidar da súa sogra.

    Miña madriña di que na súa familia as mulleres sempre estiveron moi presentes, sempre lle falaban da súa tataravoa, que casou cinco veces e mandaba moito, e como iso non era habitual na época, chamábanlle," Doña". A súa avoa era unha contadora de contos, xuntaba a todos os netos e netas o redor do lume, mentras asaban as castañas, contaballes historias de medo ou de persoeiros que pasaban pola aldea vendendo cousas.
     Mirando atrás pensa en como ten cambiado a vida nestes sesenta anos, sobre todo para as mulleres, tanto a súa nai como a súa avoa tiñan que contar co permiso do seu pai ou do seu home para facer moitas cousas, como abrir unha conta no banco, mercar ou vender propiedades, separarse da súa parella,etc.
     Como apenas había electrodomésticos as tarefas da casa facíanse moi duras, a roupa había que lavala nun lavadoiro ou nun río, apenas había auga corrente nas casas.
    Eu quero moito a miña madriña porque ocorrénselle moitas cousas, pódeme contar moitas historias interesantes, lévame a observar as estrelas e cóntame historias das constelacións na mitoloxía grega.

                              Clara Carmona García  ( 6ª Educación Primaria)

2ª PREMIO TERCEIRO CICLO

  O segundo premio  é para Antonio  Novo  Moruja , dedicou a  redacción  a súa nai.

   Está é a súa redacción

                                                                                                  " Día da Muller  Traballadora"

 O día da muller traballadora conmemora a loita da muller na igualdade co home . A primeira convocatoria foi hai cento tres anos.
Agora vou falar da miña nai que se chama Maite e naceu no ano 1970. O seu pai adicábase a construir edificios e a súa nai era mestra. Vivía nunha familia numerosa, eran sete irmáns e ela era a muller máis xoven.
 Cando ía a escola as cousas eran diferentes xa que non se empregaban ordenadores e moito menos había interntet. Cando remataban os deberes baixaban a xogar á rúa con outros nenos/as. Xogaban á goma, saltaban a corda, xogaban o escondite, etc. O que máis lle gustaba a  miña nai e que tiñan máis liberdade e seguridade. Foi ao instituto Valle Inclan, e de alí garda moi bos recordos. Aínda que ela non se enterou, meu pai, estaba nun curso máis avanzado fixouse nela.
Ao rematar o instituto entrou na Universidade de Santiago e fixo Económicas.
Ao rematar os estudos preparou oposicións. Nesas aburridas tardes de bibliotecca coñeceu ao meu pai. A partir de aí comezou unha etapa nova da súa vida. Aínda tardaron uns anos en establecerse en Pontevedra. Ao pouco de comezar a traballar nun hospital de Vilagarcía nacín eu, e ata o día de hoxe combina o traballo dentro e fora da casa coma moitas mulleres. 
Eu queroa moito porque me axuda cos estudos e as tarefas da escola, ten sentido do humor, explicame todo o que non entendo  e moitísimas cousas máis.

            Antonio Novo Moruja ( 6ª de Educación Primaria)

3ª PREMIO TERCEIRO CICLO

 A gañadora do terceiro premio é Yolanda Crespo Rodríguez , dedicoulle a redacción  a súa curmá.

  Está é a súa  redacción



        Ola! Chámome Yolanda Crespo Rodríguez. O meu traballo fala dunha muller chamada Sandra Novo Crespo, ten 19 anos, e é a miña curmá. Estuda na Universidade. O seu sono de toda a vida e ir salvar aos elefantes que están en perigo de extinción. Foi  aí cando decidiu ser veterinaria e facer o seu sono realidade. 

Todos sabemos que a carreira de veterinaria é moi longa e complicada pero  esforzandose e con gañas aí está ela aprobando todas! Foi a Inglaterra a coidar duns nenos ingleses e para aprender inglés. Por certo, agora, falao xenial.  A maioría das veces está estudando ou na biblioteca.

       De verdade, gustaríame ser coma ela porque se traballas no inverno tes o verán para pasalo moi ben. A min paréceme que é unha muller moi  eficaz, que se esforza, e os máis importante, as gañas que lle pon. Se non lle pos gañas as cousas non vale a pena facelas.
       Quero tela como exemplo polo seu esforzo e as súas gañas. É unha verdadeira estudante, creo que vai ter unha carreira espectacular. Espero que teña sorte porque a quero moito

      Adeus, e moitas grazas por todo.

                                           Yolanda Crespo Rodríguez ( 5ª  de Educación Primaria)

1ª PREMIO SEGUNDO CICLO

  O  gañador do primeiro  premio do Segundo Ciclo é Lois Camino Logroño, que dedicou a  redacción a súa avoa.

  Está é a sús  redacción:


   Se teño que pensar nunha muller traballadora elixo á miña avoa Avelina. 

   Miña avoa cando era pequena xa tiña que traballar moi duro e non podía xogar, cos seus amigos. O seu traballo era coidar dun rabaño de ovellas e sempre ía cos animais ao monte desde  o amencer ata a noitiña e o único que levaba para comer era un  anaco de pan con touciño. Por iso estaba moi fraca, porque tiña pouco pan para comer. Non era coma min que teño iogures, froitas, chocolate.. etc para a merenda. Tardou moito tempo en ler e escribir porque case nunca podía ir á escola. Cando tiña o meu tempo mandárona a unha casa a limpar  e para aprender a coser. Pasouno bastante mal porque tiña moito que facer e traballaba horas e máis horas.
   Pasou toda a mocidade nun taller de costura cosendo. Ademáis tiña que facer as tarefas do fogar, a man porque non había lavadora, nin lavavaixelas... A vida era máis dura.
   Anos despois casou co meu avó e seguíu cosendo para gañar cartos, pero traballaba moitas horas e gañaba pouco.

   Logo tivo tres fillos e encargábase dos nenos, da casa, da horta, de coidar a unha vella e a costura.  Canto traballo!

 Miña avoa o que votou en falta, na súa infancia foron os xoguetes, por iso cando tivo fillos intentou comprarlle bonecas, coches, silliñas... etc para que puideran xogar. Cando ía co gando o monte o único co que podía xogar era cunha boneca feita con paos e con teas: " o traballo sempre era o primeiro".

 Gustaríame que todos valorásemos o traballo das mulleres como a miña avoa Avelina, porque sen elas non seríamos o somos.

  Lois  Camino Logroño ( 4ª de Educación Primaria)

2ª PREMIO SEGUNDO CICLO

  O gañador do  segundo premio do Segundo Ciclo de Educación Primaria é Diego Veiga  Pereiro, dedicoulle a súa  redacción a súa  bisavoa.


  Está é a súa redacción:

                                          A miña  bisavoa


         Naceu o 27 de Agosto de 1923 en Caldas de Reis  ( Pontevedra)

         Tivo seis irmáns /ás e con ela sete.
         Na súa infancia pasou fame, frío e cansanzo dado que empezou a traballar con 11 anos: cos animais e na labranza. Aos dez anos tivo que coidar dos seus sobriños.
         Casouse con 26 anos na igrexa de San Esteban de Sayar. Tivo dúas fillas, catro netos e tres bisnetos. Sempre está xogando con eles.
        Soportou a guerra civil española e a segunda guerra mundial.
        Ela díxome que cando era pequena, moz e muller, tiña que sair da casa cuns zocos que deixaban traspasar toda a auga e a suciedade.
      O momento máis triste da súa vida foi cando morreu o seu marido, o 6 de xuño de 2001.
      Ela cóntame que os pobres cando vían que unha casa botaba fume pola cheminea, pensaban que estaban a facer o xantar, iban a pedir se lles daban un pouco.
      Agora ten 90 anos e fai  moitas cousas. Coida moitísimo dos seus netos, e dos bisnetos, vai a horta a coller e plantar: tomates, cebolas, grelos, patacas, fabas, acelgas, porros, pementos, xudías...; fai o xantar para a súa filla, o seu xenro, aos seus netos..., danos diñeiro para comprar lambetadas, cando estamos tristes apoianos, xoga con nós, regalanos lambetadas e moito máis.
     Ela me di que o seu traballo favorito sempre foi a labranza, pero tamén lle gustaba a profesión de economista: porque naqueles tempos o goberno tomaba moi malas decisións, e ela quería decirlle o que estaba facendo mal o goberno.

    Creo que a miña bisavoa xa traballou suficiente. É hora de que descanse de cando en vez e que sexamos nós os que traballemos para ela. Bisa, goza do que máis che gusta: dos teus bisnetos e dos teus programas da tele!

    Agora os teus 90 anos, teño que agradecerche todo o que fixeches durante toda a túa vida, e o que aínda fas pola túa familia e, especialmente, por min. Por iso elixinte como homenaxe á muller  máis traballadora.

     Diego   Veiga Pereiro ( 4ª de Educación Pimaria)

3ª PREMIO SEGUNDO CICLO

 A  gañadora do terceiro premio do segundo ciclo de Educación Primaria é Carolina Abril Alonso Gómez, dedicoulle a súa redacción a súa bisavoa.


  Está é a súa  redacción:


    A muller máis traballadora era a miña bisavoa Sara.
    Ela comezou a traballar aos 16 anos no hotel Wellington de Madrid.
    Os 27 anos casouse e tivo 3 fillos fermosos.
    Os 30 anos comezou a traballar na Praza de Abastos vendendo peixiños e marisco. Os mellores bares, hoteis e restaurantes de todo Pontevedra querían querían que ela lles levara os seus peixiños.
    A miña bisavoa espertaba as tres da mañá e chegaba a súa casa as cinco da tarde. Traballou ata os 68 anos que foi cando deu o seu último suspiro e foi o ceo.

  Carolina  Abril Alonso Gómez  ( 3ª de Educación Primaria)

1ª PREMIO DO PRIMER CICLO

 O primeiro premio do  do 1ª ciclo de Educación  Primaria recaeu en Angela Peón da Silva que dedicou a súa redacción a súa avoa.


   Está é  a súa  redacción:

 
           Eu son Ángela e vou contaros a vida da miña avoa María, unha muller traballadora de sesenta e cinco anos. Miña avoa ten unha  explotación gandeira. Cada mañá levántase moi cedo alá polas oito e vai á nave, onde están as vacas.
           O primeiro que fai é muxir as vacas para despois levalas ao prado.
           Tamén ten vacas no monte, onde están todo o ano.
           Cada tarde, lévalle no Land Rover, alpacas de herba que reparte polo monte. Así  é a maneira de telas controladas. Cando chega do monte, vai buscar as vacas ao prado e vólveas muxir. Miña avoa tamén traballa no campo. Sembra: patacas, millo,tomates, leituga...
           Todo isto é o que fai día a día.
         
Miña avoa é unha muller moi traballadora, porque non só traballa coas vacas e no campo, tamén fai as cousas  da casa.

                 Ángel Peón da Silva ( 2ª de Educación Primaria)

2ª PREMIADO DO PRIMER CICLO

 O gañador do segundo premio foi Rodrigo Jiménez Juncal que dedicoulle a redacción a súa tía.

Esta é a súa redacción:


          A muller  traballadora da que vos vou falar é a miña tía Ruth, aínda que meus irmáns e eu chamámoslle Tita. Ten 28 anos e é enfermeira. Traballa nunha residencia de maiores e gústalle moito o seu traballo. Alí viven persoas de idade que están sós, enfermos ou que as súas familias non poidan coidar. A tía Tita di que aparte de coidalos é moi importante darlles cariño e que ademáis son " a súa outra familia". Ten quendas de mañán e tarde e moitas veces os sábados e os domingos. Cando eu non vou o cole, tamén ten que traballar.

Cando ten libre, ás veces, imos durmir á súa casa.
          Ten unha cadela Labrador que se chama Tana, que lle encanta que  lle fangan aloumiños.
          O que máis me gusta  da miña  Tita é que connosco é moi cariñosa e boa e quérenos moito. Tamén nos "marca o paso" para que nos portemos ben e sexamos bos nenos para chegaren a ser boas persoas.

                          Rodrigo Jiménez Juncal (2ª de Educación Primaria)

3ª PREMIADO DO PRIMER CICLO

 A redacción gañadora en terceiro lugar do primer ciclo de Educación Primaria foi a realizada por Saínza Quintia López, dedicada a súa  avoa.

  Esta é  a  súa  redacción:



   AS   MULLERES   TRABALLADORAS

           A miña avoa Marilín naceu en Pontevedra en Xaneiro do 1950. Cando acabou o bacharelato estudou secretariado e traballou de secretaria  nunha fábrica. Cando casou deixou de traballar para coidar o meu pai e a miña tía.
           Empezou a estudar a carreira de dereito cando xa era grande, ó mesmo tempo co meu pai.
           Cando rematou a carreira puxo un despacho cunha compañeira e aínda segue traballando de avogada. Ademáis coida da miña bisavoa que está enferma e ás veces dos seus netos.
           A miña avoa é unha muller moi traballadora

             Sainza Quintia  López  ( 1ª curso de Educación Primaria)




ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE REDACCIÓN: " MULLERES TRABALLADORAS"



  O Luns día 10 de Marzo coincidindo cos actos do Día da Muller Traballadora celebrouse no salón de actos do CEIP San Martiño a entrega de premios do concurso de redacción " Mulleres Traballadoras". Os galardonados foron tres alunm@s de cada ciclo da educación primaria.

    Na entrega de premios asistiron  o concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez e a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces.

     Para  finalizar o acto "Os Airiños da Fracha" un grupo galego de música flock fixeronnos bailar coas súas cancións.