Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

25 febreiro 2015

XVI SALÓN DO LIBRO : DA CIENCIA A FICCIÓN

 O próximo venres, as 19:00h., o noso alumnado de 5ª e 6ª de Educación Infantil participarán na inaguración da XVI edición do Salón do Libro, contando ,o público presente, como realizaron o seu proxecto , que estará exposto no Salón, do 27 de Febreiro o 27 de Marzo. 
 O acto de inaguración está convidado todo o alumnado do centro.

ENCONTRO COS MEMBR@S DO CLUB DE LECTURA DO IES AQUIS CELENIS

   Maña  xoves os membr@s do Club de Lectura do Ceip San Martiño terán un encontro, as 18:00h, en Caldas de  Reis, cos membr@s do Club de Lectura do IES Aquis Celenis,  para compartir experiencias nunha  posta en común sobre  obra de Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga".



23 febreiro 2015

DÍA DE ROSALÍA

Mañá, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía, premendo nos seguintes enlaces, entrotraredes información da nosa ilustre escritora.



 ROSALÍA  DE   CASTRO

FUNDACIÓN  ROSALÍA  DE  CASTRO

ADIÓS  RÍOS,  ADIÓS  FONTES

LIM , XOGANDO  CON  ROSALÍA

ALBORADA

18 febreiro 2015

PROPOSTAS DA AELG PARA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2015

O 24 de febreiro participa do Día de Rosalía! Comparte o teu vídeo cunha frase que comece por ‪#‎EuSonRosalía‬ porque/para/cando...

http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=343




ENTROIDO SUFRAXISTA


         O próximo venres 20 de febreiro imos celebrar o Entroido,como preludio da XI Semana da Lectura, "As Mulleres na Historia". Este ano está dedicado ás  Mullleres  Sufraxistas.

    O sufraxio foi un movemento internacional de reivindicación do dereito das mulleres a exercer o voto. Orixinado nos Estados Unidos a finais da década de 1840, e cunha forte implantación no Reino Unido. Dende 1865 o movemento  extendeuse a grande parte dos países europeos.

  O movemento sufraxista ten que ver moito co movemento feminsita que defendía o dereito das mulleres a recibir o mesmo trato que os homes a todos os niveis, sobre todo no traballo, na xustuiza, na educación e outros…
O non ter dereito de voto era, polo tanto,  unha das moitas discriminacións que sufrían as mulleres daquela época.




17 febreiro 2015

PARA FELICITAR OS ANIVERSARIOS


   Alguén fai anos e queres felicitalo/a cunha canción? feito!! Parabéns para ti  é un agasallo ben bonito:
     O vídeo, é unha iniciativa do Concello de Carballo (a través do seu Servizo de Normalización Lingüística) e da Mesa; contou coa colaboración do Coro Vagalume, e pódese ver na seguinte ligazón:

                                                        PARABÉNS  PARA  TI
   

ENCONTRO LITERARIO

        Mércores 18 de febreiro, ás 19 horas, no IES Gonzalo Torrente Ballester de   Pontevedra


Encontro literario con tres dos escritores máis recoñecidos actualmente no eido da novela negra e policial:
  • Dolores Redondo, autora da Triloxía de Baztán, da que se levan vendidos máis de medio millón de exemplares.
  • Domingo Villar, creador do carismático policía vigués Leo Caldas, protagonista das súas novelas Ollos de auga e A praia dos afogados.
  • Pedro Feijoo, autor da intrigante Os fillos do mar e da desasoségante A memoria da choiva.    
        Moderador: Ramón Rozas, periodista e comentarista cultural do Diario de Pontevedra.