Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

19 marzo 2015

VISITA O SALÓN DO LIBRO : DA CIENCIA A FICCIÓN

                                                                             
O pasado o alumnado de Educación Infantil estivo no Auditorio do Pazo da Cultura para visitar á XVI exposición do Salón do Libro. Asistimos a unha obra de Boabab Teatro: Luppo, e tamén vimos o traballo que realizamos , alí exposto, e novos contos.
              As seguintes fotos mostran algún dos  momentos da visita.









11 marzo 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

   Celebramos o Día da Muller Traballadora, dedicandollo a Rosalía de Castro,  coa actividade "Contador que me Contas", na que o alumnado de 4ª, 5ª e 6ª de Educación Primaria  representan poemas de Rosalía aos nenos e nenas de Educación Infantil, e 1ª, 2ªe 3ª de E.P.








24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

 Debuxamos a Rosalía para conmemorar o seu día:






10 marzo 2015

DA CIENCIA A FICCIÓN

O pasado 27 de Febreiro o noso alumnado de 5ª e 6ª de Educación Infantil participou na inaguración do Salón do Libro expoñendo ao público presente as fases de elaboración do seu proxecto exposto no Salón.



09 marzo 2015

CLUB DE LECTURA: SEDA

     O club de lectura quere dedicar  este mes de Marzo ao escritor italiano Alessandro Baricco lendo, a traducción o galego por María Cristina González Piñeiro, da súa prestixiosa obra "Seda".

     O 7 de Abril as 18:30h, na biblioteca do centro, teremos a xuntanza para compartir opinións entorno a obra.

 

Resultado de imagen de alessandro baricco   ALESSANDRO  BARICCO, nado en Turín o 25 de xaneiro de 1958, é un escritor italiano. É autor de seis novelas, coas que obtivo numerosos premios literarios, entre eles o Premio Médicis Étranger en Francia e os Campiello, Viareggio e Palazzo del Bosco en Italia. Sobre a súa novela Seda realizouse en 2007 unha película dirixida por François Girard e protagonizada por Michael Pitt e Keira Knightley.
Obra:
Castelli di rabbia, 1991.
Oceano mare, 1993.
Seda (Seta), 1996. Tradución de María Cristina González Piñeiro, 2005.
City, 1999.
Senza sangue, 2002.
Omero, Iliade, 2004.
Questa storia, 2005.
Emaús (Emmaus), 2009. Tradución de Carlos Acevedo, 2010.
La storia di Don Giovanni, 2010