Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

23 xuño 2015

PONTENCIENCIA






    Pontenciencia é a  Feira da Miniciencia é unha feira de proxectos de investigación escolar  aberta ao público.
    Pontenciencia celebrouse no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e está composta por:
Espazo expositivo: cos proxectos dos participantes e da comunidade universitaria.
Espazo de proxección audiovisual: cun programa de audiovisuais relacionados co mundo da investigación e da ciencia.
Espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade.
As modalidades de participación dos alumnos dos CEIP do concello de Pontevedra son Ciencia no Cole ou Ciencia en Familia.

O alumnado de 5º de Educación Primaria do Ceip San Martiño expuxo os resultados dos proxectos de investigación que foron seleccionados a partir das propostas realizadas por un comité científico universitario e que levaron a cabo co apoio dos seus mestres no centro escolar e o venres 5 de Xuño tivo lugar a presentación dos traballos no Pazo da Cultura de Pontevedra e o sábado 6 de Xuño tivo lugar a entrega de premios na cal o noso centro optivo o 1ª premio coa presentación dos seguintes proxectos de investigación:

- CARREIRA  POLA  LUZ: Obxectivo da investigación: Saber en quec ondicións de luz crecen máis rápido. Para iso estudiaron distintas variables como o tempo que tardaron en xerminar as sementes, o tamaño das plantas, a cor dos talos e das follas, e se tiñan un aspecto saudables. Con esta investigación aprenderon que as plantas crecen máis rápido a escuras, pero con estado máis enfermizo ao non ter clorofila e non poder facer a fotosíntese; pero as da luz natural creceron máis lentas pero máis sas.  Ademais, con este experimento descubriron que as plantas necesitan clorofila, e só a  da luz natural. Tamén aprenderon a observar e a apuntar o desenvolvemento dun experimento e a manexar distintos programas informáticos (Word e Excel) cos que elaboraron textos, táboas, gráficas, etc..


- INFLUENCIA DA CHUVIA ÁCIDA  SOBRE  AS  PLANTAS:  Nesta investigación intentareron demostrar se a chuvia ácida afecta ao desenvolvemento das plantas, comprobando canto crecen en cada caso, si medran saudables ou non e o seu aspecto xeral. Ademais, tamén comprobarono efecto da chuvia ácida sobre as sementes plantadas,  observando cantas sementes saen adiante en cada caso, en que recipiente crecen máis rápido e máis saudables e o seu tamaño.
 Coa realización desta investigación  aprenderon a:
Traballar en equipo.
Realizar observacións diarias.
Facer unha investigación seguindo os pasos do método científico.
Organizar a información en fichas de recollida e táboas de datos.
Manexar as novas tecnoloxías: ordenador, cámara de fotos, memorias usb, etc.


- CAMPIONATO  DE  SOLO: O Obxectivo da investigación  é comprobar en que tipo de solo xerminan maior cantidade de lentellas e fabas e en cal crecen mellor e máis sas as plantas.
Durante o experimento, aprenderon  a traballar en equipo, a organizarnos, a utilizar programas informáticos (Word, LibreOffice e PowerPoint) e a coidar as plantas.

- OS  SENTIDOS  DAS  PRANTAS:: 
O experimento 1 serviu para comprobar se a posición na que caen ao chan as sementes ten algunha influencia sobre a dirección na que crecen as raíces das plantas que nacen delas ou se as raíces sempre medran cara abaixo, independentemente das posicións na que as sementes caen ao chan.
Co experimento 2 tratamos de descubrir se varias sementes de faba colocadas en distintas condicións de iluminación medran en todos os casos cara o lugar por onde lles chega a luz.
Con estas investigacións aprenderon a traballar en equipo, a utilizar o método científico que no futuro poderá servirles para outras investigacións, e descubrir cousas novas sobre o ordenador utilizando programas, como Word ou Excel, etc. Ademais, tamén aprenderon moito sobre as plantas.

Ningún comentario: