Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

viernes, 13 de noviembre de 2015

CAMILO JOSÉ CELA

  Este primeiro trimestre o Ceip San Martiño presenta  unha magnifica exposición  do Premio Nobel  Camilo José Cela ,repartida en dous espazos a planta baixa e a biblioteca. Na exposición destacamos a súa vida familiar, literaria mostrando un libro que recolle os coñecementos que o noso alumnado ten sobre o célebre escritro e obxectos, documentos, fotografías e libros, nos que destaca un volume da obra A Familia de Pascual Duarte en xaponés, as súas gafas, unha replica do Premio Nobel de Literatura e as medallas conmemorativos, unha replica do seu caderno persoal  de notas, un marca páxinas diseñado por Pablo Picasso...,  prestados para esta exposición pola Fundación Camilo José Cela.


Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
















No hay comentarios: