Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

19 decembro 2016

NADAL

Preciosas portas decoradas co motivo do Nadal, das aulas de Educación Infantil.




CONCURSO REDACIÓN E DEBUXO CASTELAO

  Coincidindo coa celebración do "Ano Castelao", a área de cultura A.V. Salcedo Norte convocou un concurso escolar literario e de expresión plástica ao alumnado dos colexios da Parroquia de San Martiño de Salcedo.

O pasado sábado a Asociación de Veciños Salcedo Norte celebrou ,na súa sede,  a entrega de Premios do Concurso  Escolar Literario e de Expresión Plástica sobre Castelao.
   Os alumn@s galardonados foron os seguintes:


- CONCURSO  ESCOLAR  LITERARIO  (Alumnado/a de 5ª e 6ª de E.P)
      
           1ª  PREMIO:  Javier Rodríguez Celemín
           2ª  PREMIO:  Raquel García García
           3ª  PREMIO:  Carolina Abril  Alonso Gómez

- CONCURSO  ESCOLAR  DE  EXPRESIÓN  PLÁSTICA  ( Alumnado/a de 5ª e 6ª de E.P)

        1ª PREMIO: Selena Rodríguez Gónzalez.
        2ª PREMIO: Noa  Pereira  Cerdeiras.
        3ª PREMIO: Sara Luisa  Pazos Cuartas.

















07 decembro 2016

VISITA PARQUE DE BOMBEIROS

 O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria foi de visita ao parque de bombeiros de Pontevedra. Coñeceron as instalacións, os instrumentos habituais de traballo, xogaron coa espuma, probaron os cascos... a verdade é que foi unha visita moi especial. Encantoulles!






POLO CORREO DO VENTO

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, comezamos a semana cunha sesión de animación á lectura. Veu ao cole "Polo correo do vento" a contarnos o seu conto O poeta do miño, adicado a Manuel María. Pero non solo tivemos o pracer de escoitar o conto e ver como o ilustraban, se non que logo ilustramos nos a Manuel María. Foi unha experiencia xenial!






CONCURSO DE DEBUXO

A Asociación Micolóxica Brincabois organizou un concurso de debuxo escolar sobre unha temática moi típica desta época, os "cogomelos". O venres día 11 foi a entrega de premios do concurso e os premiados e premiadas foron os/as seguintes:
Educación infantil:
Nicolás Pérez
Ruth Pedrosa
Clara Oliveira
Educación Primaria:
Hugo Gutiérrez
Estefanía Cotovad
Noa Pintos
Adriana Hermilla
Queremos darlles a noraboa!





UNHA VIAXE POLO UNIVERSO

   

Un enxeñeiro de telecomunicacións da Universidade de Vigo veu ,o noso cole, a impartir a charla "Unha viaxe polo Universo" aos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria. Faloulles das galaxias, o Bigbang, o sistema solar, as estrelas... a verdade é que gozaron un montón! Grazas!




25 de NOVEMBRO

O CEIP San Martiño e os superheroes din NON á violencia de xénero. (Traballo feito pola aula de 6º de Educación Infantil, conmemorando o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.)


DIEGO AMEIXEIRAS

   Diego Ameixeiras visita o Club de lectura para conversar con nós sobre a súa novela " Tres segundos de memoria" e falararnos da súa última obra e os seus novos proxectos. Tamén desfrutamos de unha noite de teatro , "Get Back", obra escrita por Diego Ameixeiras.


SCRATCH

SCRATCH 2° EDUCACIÓN PRIMARIA - ACTUALIZACIÓN SEMANAL.
Hoxe na clase de Scratch, todos os equipos remataron o xogo, gozaron un pouco con él, escribiron as instruccións para que o resto que o visite poda xogar e o publicaron na rede. Son moi traballadores/as!




OUTONO E MAGOSTO

Traballo  :" O OUTONO" , feito polo alumnado de 4ª de Educación Primaria.












DE ROTEIRO CON CASTELAO

   Os alumnos/as de terceiro e sexto de Educación Primaria desfrutaron dun roteiro dramatizado no que coñeceron máis historias e personaxes da súa contorna e ata o mesmiño Castelao.















CLUB DE LECTURA : AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

  Este trimestre o Ceip San Martiño rinde homenaxe a un gran escritor e un gran maestro das nosas letras: Agustín Fernández Paz. Ao longo destre trimestre poderase ver unha exposición sobre a vida e obra do autor no corredor principal do centro, por outra banda o club de lectura reunirase o próximo Martes 13 de Decembro para conversar sobre a última novela do autor, " A Viaxe de Gagarin".