Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

domingo, 17 de enero de 2016

FANECA BRAVA




    

    Este mes de Xaneiro  no club de lectura :  Faneca Brava de Manuel Portas que visitará o noso centro o 16 de Febreiro para conversar con nós sobre a súa obra e presentarnos o seu novo libro.








 Manuel Portas Fernández:   nado en Barcelona en 1960, é un escritor e sociolingüista galego.É profesor de Lingua e Literatura no Instituto Xelmírez I, de Santiago de Compostela, centro que dirixiu dende o ano 1987 até 1996, impulsando a súa galeguización.

Publicou, entre outras, Língua e sociedade na Galiza (1991), unha obra que promove a sensibilidade social cara á lingua, e que realiza unha historia da lingua galega desde unha perspectiva sociolingüística. No mundo do idioma, ademais de desempeñar postos na dirección da Associaçom Galega da Língua, foi membro da comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística. Participou na fundación da Mesa pola Normalización Lingüística e coordinou a Revista Enclave, sendo tamén membro do Consello de Administración do xornal A Nosa Terra. Foi responsábel local do BNG e concelleiro en Santiago de Compostela.

En 2010 publicou a súa primeira novela, Denso recendo a salgado.

No hay comentarios: