Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

martes, 23 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

  •    O  24 de Febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro.


  • Esta data  está fixada no Calendario do Libro e da Lectura como  aniversario do nacemento da nosa ilustre poetisa.

  • A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), ademais de animar a agasallar un libro  en galego e unha flor  convida a celebrar esta data nos centros de ensino con accións colectivas para difundir a súa obra.


  • MOBILIZA  ROSALÍA: Organizan: Concello de Pontevedra, Asociación Maio Longo e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)  
Mércores 24 de febreiro, ás 19 horas, na Casa da Luz (praza da Verdura)

Programa:
    • Actuación do grupo de cantareiras Adonairare
    • Lectura de textos de Rosalía de Castro por representantes de diversos sectores da sociedade pontevedresa: educativo, cultural, empresarial, sindical, da integración social, deportivo, mocidade, etc.
    • Lectura do manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.




  • Para coñecer  a súa vida e obra  deixamos unha recompilación de recursos e materiais para así achegarnos máis a ela.


-  LOGISTICA AGAL: 18 video-poemas de Rosalía de Castro.

FUNDACIÓN BARRIEResultado de imagen de fundacion barrie

No hay comentarios: