Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

29 abril 2016

XII SEMANA DA LECTURA : A LITERATURA POPULAR XOVES

O xoves 28 de Abril, dentro do programa da XII Semana da Lectura, Roteiro Cultural de San Martiño para alumnado de 4ª,5ª e 6ª de Educación Primaria, a cargo de Rafael Quíntia.

Ás 12:45  exposición dos traballos do alumnado :

- 3ª de Educación Primaria: " O casamento da pulga e o piollo"

-2ª de Educación Primaria: "Lendas de Salcedo"






XII SEMANA DA LECTURA : A LITERATURA POPULAR DO MÉRCORES

O Mércores 27 de Abril, dentro da programación da XII Semana da Lectura, Roteiro didáctico do Monte das Croas  para alumnado de 1ª,  2ª e 3ª de Educación Primaria. A cargo de Rafael Quintía.

Ás 12:45 exposición , no salón de actos do centro, do traballo feito polo alumnado de 5º de Educación Infantil, titulado o Gatipedro, personaxe creado por Alvaro Cunqueiro e está recollido no seu libro " Escola de Menciñeiros"







26 abril 2016

SANTIAGO LOPO

  Visita o Ceip San Martiño, o próximo Martes 3 de Maio ,as 18:30h , para conversar con nós sobre o seu libro " A Diagonal dos Tolos".






XII SEMANA DA LECTURA : A LITERATURA POPULAR

Conferencia, " A mitoloxía galega": un mundo por descubrir", a cargo do antropólogo e veciño natural de Salcedo, Rafael Quintía.

Alumado de 6ª de Educación Infantil, representación: " Por que o abeto e o piñeiro conservan as súas follas?

Alumando de 5ª e 6ª de Educación Primaria: Documental : A literatura popular galega de tradición oral.







XII SEMANA DA LECTURA : A LITERATURA POPULAR

 
LUNS 25 DE ABRIL

  Concerto de gaita de música popular galega a cargo de Noelia Amado, exalumna deste centro, acompañada de Antón González, ambos músicos profesionais.

  O alumnado de 4ª de Educación Infantil recitou a Cantiga " A Xoaniña"
  O alumnado de 1ª de Educación Primaria realizou unha lectura animada do conto " Unha vella tiña un can".






24 abril 2016

ROEDORES

O pasado luns 18 de Abril, o alumnado de 6ª de Educación Infantil e o de Educación Primaria, asistiron a obra de teatro "Roedores", dentro da programación do Salón do Libro.





CLUB DE LECTURA CÓ CINE GALEGO: "LOBOS SUCIOS"

04 abril 2016

A DIAGONAL DOS TOLOS

    Santiago Lopo autor de " A diagonal dos Tolos", libro do mes de Abril no club de lectura" visitará o CEIP San Martiño, para comentar a súa última obra con nós, o 3 de Maio as 18:30h.



    * SANTIAGO  LOPO: (Vigo, 1974) é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para televisión, e en 1998 cotraduciu ao galego, xunto a Xavier Queipo, dúas obras do escritor francés Hervé Guibert (Citomegalovirus e O meu criado e mais eu), publicadas por Xerais.
 Desde o ano 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traducións.
 En 2006 gañou o VI Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, coa novela Game Over. Peaxes (Xerais 2009) é a súa segunda novela.. Con Hora zulú obtivo en 2012 o Premio Manuel García Barros de Novela, un dos máis prestixiosos galardóns das letras gallegas. A súa última obra, A diagonal dos tolos, consiguíu o Premio Repsol da Narrativa Breve en 2014.


* A DIAGONAL  DOS  TOLOS:  Na Illa da Reunión, no Océano Índico, celébrase unha carreira de supervivencia coñecida como “La Diagonale des Fous”. É neste pano de fondo onde Santiago Lopo sitúa esta proposta narrativa operando cunha estrutura dual onde Pierre deberá concluír a carreira en pouco máis de dous días obrigado por unhas disposicións testamentarias dun pai ultraconservador e racista; mais, ao  tempo, xorde outro personaxe, tirado talvez do universo onírico, ou do subconsciente de Pierre que responde ao nome de “P.”: un escravo grand marron “que sabe ler no ar” e que correrá á procura dunha liberdade case utópica. En ambos os dous verifícase unha fuxida de si mesmos, malia que “P.” loite pola supervivencia nun contexto onde a escravitude, personificada en malgaxes, cafres e malabrares, vaia retratarse con solvencia e coa precisa transparencia.

         Un peso importante na fervenza de lembranzas que se opera en Pierre ao longo desa carreira está ocupado polas de carácter persoal que axudan a reconstruír un mundo de pasado colonial, posto en evidencia nas zonas máis escura e tenebrosas, mais salienta igualmente a posta en valor tanto das lendas orais que constrúen unha identidade particular da illa como, por parte da voz narradora, dunha homenaxe explícita ao Alicia no país das marabillas de Lewis Caroll.

        Se algo máis se pode destacar desta novela é a estimable plasticidade que repousa no ámbito descritivo, tanto no que atinxe aos espazos visitados como á psicoloxía dos personaxes. No seu haber tamén saliento esa metáfora que percorre o libro: o extinguido e célebre paxaro dodo, unha perfecta e redonda imaxe simbólica.

Esta recensión, baixo o título de “Correr para sobrevivir e avanzar”, publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 16 de xaneiro de 2015.


- TVG: No seguinte enlace, entrevista a Santiago Lopo sobre "A diagonal dos tolos".


CANTA BICHERÍA!!!!

  As nenas e nenos de Educación Infantil visitamos hoxe o Salón do Libro dedicado, este ano, a Bichería. Cando chegamos ao Pazo da Cultura recibiunos, Orbil ,un lobiño bo ao que lle encantan os libros. Dividíronnos en dous grupos para asistir a unha divertida sesión de Conta Contos por parte do grupo de teatro Migallas e logo realizamos unha visita guíada por todo o Salón donde fixemos xogos e admiramos os traballos presentados polas escolas.
  Que ben o pasamos!!!



APIPOLIS

  O  día 17 de marzo, o alumnado de Infantil e 1º e2º de primaria, fixemos unha saída á granxa Apípolis en Xeve. Aprendemos moitas cousas dun insecto tan interesante como son as abellas. Eramos tantos que tivemos que ir en tres autobuses. Cando chegamos xa nos estaban esperando varios monitores, con eles, fomos rotando por distintos obradoiros.
Vestimos un traxe para entrar ao  Apiarium, alí estivemos en contacto directo coas abellas e non nos picou ningunha. Visitamos unha exposición onde vimos a raíña da colmea, que é moito máis grande cas outras. Na cociña elaboramos unas galletas de mel que estaban riquísimas. Tamén fixemos unha vela da cera e vimos a maneira de sacar o mel das colmeas. Escoitamos un conto moi bonito e xogamos mentres merendamos .
Pasámolo moi ben. Gustounos moito a vida das abellas.

E como di o refrán popular : Onde hai abellas hai mel.













01 abril 2016

DOBRAXE NA ESCOLA



As alumnas e alumnos de 2ª de Primaria disfrutaron dun divertido  obradoiro de dobraxe.