Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

08 maio 2016

MAIO : MES DAS LETRAS GALEGAS

  Para conmemorar Maio como o mes da lingua, o Ceip San Martiño, dedica dúas exposicións a dous poetas , Manuel María, ao que se lle dedica este ano as Letras Galegas, e a Eladio Rodríguez, a quen se lle dedicou o día das Letras Galegas no 2001, é autor de "Folerpas" un libro no que se recopilan as súas poesías,e  no Club de Lectura estamos a ler o longo do mes.







VISITA DE SANTIAGO LOPO AO CEIP SAN MARTIÑO

  O pasado Martes 3  de Maio acompañounos na conversa do club de lectura, Santiago Lopo, entorno ao seu libro "A Diagonal dos Tolos" , e animounos a visitar a illa da Reunión.













SEMANA DA LECTURA VENRES 30 DE MAIO


  Para rematar a Semana da Lectura as alumnas e alumnos de 4ª de Primaria representaron varias lendas da nosa literatura popular e o alumnado de 6ª de Primaria continuou coa exposición da segunda parte do seu traballo.