Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

20 febreiro 2017

SEMANA DE ROSALÍA

  Comezamos a Semana de Rosalía co alumnado de 6ª de Primaria, que presentaron un power point sobre a vida e obra da poetisa. Tamén cantaron algúns dos seus poemas musicados ao alumnado de Educación Infantil.











 DÍA DE ROSALÍA
 O 17  de febfreiro foi o comezo dunha homenaxe ( e que se alargará ata próxima semana) a Rosalía de Castro. Xa sabemos que o seu día é o 24 ( día do seu aniversario), pero como este ano celebramos o entroido, pois decidimos adiantalo. Desta forma reunímonos todos e todas no corredor do colexio a ver un video no que sae o alumnado recitando un dos seus coñecidos poemas e tamén observar os retratos pop-art da poetisa.









OBRADOIRO XOGUETOLOXÍA

O alumnado de 1° e 2º de Educación Primaria e 6º de Infantil gozou cun obradoiro de xoguetoloxía con materiais de refugallo realizado no colexio e ofertado polo Concello de Pontevedra.








PONTECIENCIA

O alumnado de 5º e 6º recibiu una charla impartida por Saleta González coordinadora de Pontenciencia. Esta charla versaba sobre o método científico, necesaria para introducirse no mundo da investigación científica e comezar así coas experiencias, un ano mais, para presentar na feira da miniciencia, Pontenciencia.







UN MUNDO DE PAZ

  Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil ven o mundo que queren a través dos caleidoscopios tan chulos que construiron! Un mundo de cores... e de PAZ!





VISITA POLICÍA LOCAL

Que ben o pasaron  os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil na visita á Policía Local! Descubriron en profundidade a súa sobre a profesión, así como as dependencias! 











CONCURSO DE DEBUXO

  Queremos darlle a noraboa a Gabriel Gores Chantrero por ser o gañador do concurso de debuxo que convocan os bombeiros todos os anos. Por ese motivo él e os seus compañeiros e compañeiras están gozando ahora mesmo dunha visita totalmente gratuita as súas instalacións.



FUNDACIÓN MENIÑOS

  O CEIP San Martiño participa un ano máis coas propostas da Fundación Meniños, concretamente este ano co proxecto Viaxe ao Reino das Emocións. Aquí podemos ver ao alumnado de 5º de Educación Infantil analizando como se sinte hoxe e poñendo unha imaxe que o defina, actividade integrada nas rutinas de aula.



DÍA DA PAZ


  Queremos un mundo con... tranquilidade, saúde, familia, parques, soños, respecto... Todas estas palabras (e moitas mais) recollidas nun mural colectivo, son as que quere que se fagan realidade o alumnado do CEIP San Martiño, desexos para hoxe, Día da Paz e para o resto do ano. 
Neste día tamén, a profe Cecilia contounos un conto titulado "Chámome Paz" de Anna Obiols e escoitamos e vimos imaxes sobre a canción "Imagine" de John Lennon.