Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

28 marzo 2017

O CORPO HUMANO

  O alumnado de 5ª de Educación Primaria segue explicandonos como funciona o noso corpo humano a través de presentacións en power point e maquetas que reproducen as funcións do noso organismo.






























27 marzo 2017

CLUB DE LECTURA: CABALOS E LOBOS

    O próximo Martes 4 de abril faladoiro cos membros do club de lectura, as 18:30 horas na biblioteca, do centro en torno o libro de Fran P. Lorenzo, "Cabalos e Lobos".


 Premio Blanco Amor 2014

Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.




Para saber máis do autor , o seu blog:

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

  Estos días os nenos/as de 5º de Educación Primaria están pasando polas aulas a ensinarnos como funciona o noso corpo.
  Primeiro amosáronnos o funcionamento do aparato dixestivo, despois o aparato urinario, o aparato respiratorio e agora o do corazón. Abraiados estamos! Que grandes maquetas e que bos son os alumnos e alumnas explicando o aprendido. 
Noraboa!!





AQUALOXÍA

     O pasado xoves, 20 de Marzo, os nenos/as de 3º de Educación Primaria tiveron unha charla chamada "Aqualoxía". Coñeceron o ciclo e o proceso de depuración da auga e ademais explicáronlles como facer un bo uso dela.



VISITA AO SALÓN DO LIBRO

  Todo o alumnado de Educación Infantil e 4º de Primaria, participantes no XVIII Salón do Libro "O mundo que queremos", gozou coa visita realizada o martes. Contacontos, xogos no ordenador e visita guiada!





13 marzo 2017

TEATRO

O pasado venres,día 10 de marzo, o alumnado de E. Infantil asistiu á función teatral "Xoga" no Auditorio do Pazo da Cultura.






08 marzo 2017

DÍA DA MULLER

 Hoxe 8 de Marzo,  Día da Muller, visitou o centro Felicia,  campiona olímpica de Lanzamento de Xabalína, a conversar con nós entorno a súa traxectoria deportiva.