Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

30 novembro 2017

OBRADOIRO MICOLÓXICO

    Cándido, que pertence á Asociación Micolóxica Brincabois, veu ao CEIP San Martiño a contarlles ao nenos e nenas de 1º e 2° de Educación Primaria os segredos do mundo dos cogomelos. Logo fixeron unha saída ao Lago Castiñeiras, no cal o alumnado entusiasmouse na busca dos cogomelos grazas á guía e o coñecemento deste home. Finalmente montamos unha exposición no corredor inferior do cole. Pasámolo xenial e aprendimos moito. Grazas!











O MAGOSTO

Gozando dunha xornada de magosto cos xogos tradicionais do Concello do Grove.









ROBÓTICA

O alumnado de sexto organizando a clase de robótica.







NON DES A ESQUECEMENTO

"Non des a Esquecemento" con Luis Bará no club de lectura. Historias que falan do temor, da coraxe, da loita, da solidaridade e tamén do amor. Grazas pola túa visita.




CELEBRACIÓN DO SAMAIN

Celebramos o Samaín con contos, música e exposición de cabazas. Os mestres/as representaron o conto "Xelón, o ogro comellón" para o alumnado e logo eles cantaron diferentes cancións de "medo" para o resto dos seus compañeiros/as.









BIBLIOTECA DE MEDO

A nosa terrorífica biblioteca con motivo da celebración do Samain.







TIC

Dúas representantes do CEIP San Martiño asistiron á Cidade da Cultura ao encontro cos outros colexios seleccionados para participar no plan de innovación: Introducción á robótica educativa en primaria. Alí recibiu a todo o profesorado o Conselleiro de Educación. Despois outros centros contaron a súa experienza e, máis tarde, diferentes nenos/as fixeron demostracións dos kits que nos van enviar ao centro.



O SAMAIN

   O  alumnado de 4 anos está facendo un libro de investigación sobre as cabazas. Hoxe tocou a páxina de medición. Cantos cubos miden as cabazas? Diferentes tamaños e diferentes cubos... Que actividade máis bonita!




XABIER QUIROGA

 Reuniuse o Club de Lectura cunha visita moi especial. O escritor Xabier Quiroga veu ao CEIP San Martiño a conversar cos pais, nais e mestras sobre dous libros, Izan o da saca e Zapatillas rotas. Un encontro moi enriquecedor. Grazas polo teu tempo!





ROBÓTICA EN PRIMARIA

Alumnado de 4º de Primaria traballando nos diferentes recunchos de robótica.