Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

viernes, 1 de diciembre de 2017

FARO DA ESCOLA

O Ceip San Martiño participará este curso no proxecto educativo de Faro de Vigo , Faro da Escola, . O pasado martes tiveron a primeira reunión para coñecer en profundidade o mundo do xornal da man de dous xornalistas. Aquí deixámosvos o enlace a nova.



jueves, 30 de noviembre de 2017

OBRADOIRO MICOLÓXICO

    Cándido, que pertence á Asociación Micolóxica Brincabois, veu ao CEIP San Martiño a contarlles ao nenos e nenas de 1º e 2° de Educación Primaria os segredos do mundo dos cogomelos. Logo fixeron unha saída ao Lago Castiñeiras, no cal o alumnado entusiasmouse na busca dos cogomelos grazas á guía e o coñecemento deste home. Finalmente montamos unha exposición no corredor inferior do cole. Pasámolo xenial e aprendimos moito. Grazas!











O MAGOSTO

Gozando dunha xornada de magosto cos xogos tradicionais do Concello do Grove.









ROBÓTICA

O alumnado de sexto organizando a clase de robótica.







NON DES A ESQUECEMENTO

"Non des a Esquecemento" con Luis Bará no club de lectura. Historias que falan do temor, da coraxe, da loita, da solidaridade e tamén do amor. Grazas pola túa visita.




CELEBRACIÓN DO SAMAIN

Celebramos o Samaín con contos, música e exposición de cabazas. Os mestres/as representaron o conto "Xelón, o ogro comellón" para o alumnado e logo eles cantaron diferentes cancións de "medo" para o resto dos seus compañeiros/as.









BIBLIOTECA DE MEDO

A nosa terrorífica biblioteca con motivo da celebración do Samain.