Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

20 xuño 2016

CLUB DE LECTURA : EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO


 A  Segunda Guerra Mudial, foi a fonte inspiradora da saída  de fin de curso do club de lectura, a recuperación da nosa historia, visitando as minas de San Finx, no concello de Lousame, donde Maika guiounos pola historia do seu pobo,  onde  alemáns e ingleses  enfrontabanse polo wolframio, tecnoloxía  punta,  simples labregos gañaron grandes fortunas, como mulleres e homes peinaban  o monte en busca do preciado mineral que pagabase máis  co ouro. Unha apaixoante paisaxe e unha maravillosa historia, que temos que ir descubrindo ,pois, moi poucos a coñecen.



















CLUB DE LECTURA : ELADIO RODRÍGUEZ

    Para despedir  o curso, o club de lectura contou con Viky  Rodríguez a bisneta de Eladio Rodríguez , que nos contou a apaixonante vida literaria do seu bisavó , un home de letras que dedicou  máis de corenta anos a elaboración dun diccionario,  un defensor das tradicións e da nosa lingua, un poeta.






PONTENCIENCIA

    O alumnado de 5ª  e  6ª  de Educación Primaria  do CEIP San Martiño‬ foron os gañadores do PRIMEIRO PREMIO dentro da categoría de Ciencia no Cole,  en ‪‎Pontenciencia2016. 

    Andiveron na procura do almidón perdido, investigaron con "sementes-zip", experimentaron a combustión en acción e dedecatáronse de por qué enferma o ferro. O xurado quedou verdadeiramente abraiado ante tan bo traballo. 

NORABOA!