- O 24 de Febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro.
- Esta data está fixada no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da nosa ilustre poetisa.
- A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), ademais de animar a agasallar un libro en galego e unha flor convida a celebrar esta data nos centros de ensino con accións colectivas para difundir a súa obra.
- MOBILIZA ROSALÍA: Organizan: Concello de Pontevedra, Asociación Maio Longo e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)
Mércores 24 de febreiro, ás 19 horas, na Casa da Luz (praza da Verdura)
Programa:
• Actuación do grupo de cantareiras Adonairare
• Lectura de textos de Rosalía de Castro por representantes de diversos sectores da sociedade pontevedresa: educativo, cultural, empresarial, sindical, da integración social, deportivo, mocidade, etc.
• Lectura do manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.
- Para coñecer a súa vida e obra deixamos unha recompilación de recursos e materiais para así achegarnos máis a ela.