Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

30 decembro 2020

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil do Día das Letras Galegas 2021

Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as Letras Galegas, e especialmente este ano a Xela Arias, convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.