Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

24 febreiro 2021

Día de Rosalía

 Día de Rosalía

24 de febreiro de 2021



21 febreiro 2021

Día da Lingua Materna

Hoxe, 21 de febreiro, é o Día da Lingua Materna.
Cal é a túa lingua materna? 

Canta con nós O rap da lingua:

12 febreiro 2021

En 4º de EP falando de mulleres científicas

Na aula de 4° de EP tamén falan sobre mulleres científicas. Velaquí algunhas das fotos que lles fixo a súa profe Bea para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia 2021.

11 febreiro 2021

UN CÓMIC PARA DESCUBRIR AS CIENTÍFICAS DO PASADO ÁS CIENTÍFICAS DO FUTURO

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Cada 11 de febreiro, desde hai só un lustro atrás, celébrase o día da Muller e da Nena na Ciencia no que se lle rende homenaxe a aquelas mulleres que estudan a ciencia ou se dedican á investigación.

Unha das mulleres que nunca, nunca, nunca falta nesta homenaxe é Hipatia de Alexandría, a quen se lle considera a primeira muller científica da historia.

Na clase de 6º de Educación Primaria Alba, Sara e Mar fixéronnos esta breve presentación sobre ela.