Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

miércoles, 25 de marzo de 2009

PLANETA ENDL

O ENDL do CPI Aurelio M. Rei García de Cuntis lanza un Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, chamado PLANETA ENDL.

O noso blogue de normalización, OÑITRAM, tamén forma parte desta nova web na cal podemos atopar ademais moitos outros blogues de interese e enlaces a diferentes sitios web relacionados co galego e a súa normalización.

Dende hoxe contamos cun enlace a Planetaki, para que poidades entrar cando desexedes e fagades consultas, comentarios... ou simplemente vexades as últimas noticias arredor do mundo do galego.

1 comentario:

romanlandin dijo...

Ola

Grazas por recoller a nova do Planeta. Só quería facer unha puntualización. Planetaki é o nome da ferramenta web, como Youtube. O nome real deste "planeta" é Planeta ENDL.

Saúdos e parabéns polo voso traballo

Román