Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

miércoles, 18 de febrero de 2015

ENTROIDO SUFRAXISTA


         O próximo venres 20 de febreiro imos celebrar o Entroido,como preludio da XI Semana da Lectura, "As Mulleres na Historia". Este ano está dedicado ás  Mullleres  Sufraxistas.

    O sufraxio foi un movemento internacional de reivindicación do dereito das mulleres a exercer o voto. Orixinado nos Estados Unidos a finais da década de 1840, e cunha forte implantación no Reino Unido. Dende 1865 o movemento  extendeuse a grande parte dos países europeos.

  O movemento sufraxista ten que ver moito co movemento feminsita que defendía o dereito das mulleres a recibir o mesmo trato que os homes a todos os niveis, sobre todo no traballo, na xustuiza, na educación e outros…
O non ter dereito de voto era, polo tanto,  unha das moitas discriminacións que sufrían as mulleres daquela época.




No hay comentarios: