Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

01 abril 2016

CLUB DE LECTURA : " A VINGANZA DO DEFUNTO"

   O  próximo Martes 5 de Abril  as 18:30h na Biblioteca do centro conversa entorno o libro de Carlo G. Reigosa " A vinganza do Defunto".


  Carlos G. Reigosa:   (A Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas.  Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).

É autor de multitude de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos.

Publicou as novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984) (gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002).

Publicou así mesmo libros de relatos curtos (Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e de investigación e ensaio xornalístico, destacando entre eles La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996).

Dirixiu varios cursos de verán sobre xornalismo e literatura nas universidades Complutense, Menéndez Pelayo (UIMP), Rey Juan Carlos e Santiago de Compostela, ademais de en diversas institucións americanas (En Miami e Os Ánxeles). Algúns destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) ou Hemingway desde España (2001).

É profesor no Máster de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no Máster de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación do Español Urxente (Fundeu). Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982, Xerais 2006), novela; Homes de Tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988, 2005), novela; Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); A guerra do tabaco (Xerais 1996, 2005), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; Intramundi (Xerais 2002), novela; Pepa A Loba (Xerais 2006), novela; A vida do outro (Xerais 2009), novela, Premio Gonzalo Torrente Ballester 2008; A lei das ánimas (2010), novela; Tras da Corda (Xerais 2012), relato; A vitoria do perdedor (Xerais 2013), novela; e A vinganza do defunto (Xerais 2014), novela. Publicou o libro de poemas Kid salvaxe (Xerais 2014), ademais de varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), reportaxe; Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaio; O regreso dos maquis (Xerais 2004), reportaxe; Laxeiro por si mesmo (Xerais 2008), conversas; A agonía do león (Xerais 2011); A Galicia máxica de García Márquez (2009, Xerais 2013); e Colmeiro por si mesmo, escrito en colaboración con Xosé Antón Castro (Xerais 2015)


 A  VINGANZA  DO  DEFUNTO:  Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde. A novela acolle personaxes  e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns –co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis–, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.



MINAS   SAN  FINX  DE  WOLFRAMIO :  No seguinte enlace  toda a información sobre as minas de wolframio do concello de Lousame.





Ningún comentario: