Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

25 novembro 2020

25 N

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


O amor non doe


10 novembro 2020

Semana de Pontenciencia 2020-VII Feira da Miniciencia

 Semana de Pontenciencia: Do 9 ao 13 de novembro

Que o coñecemento non pare!

Impulsada pola Concellería de Educación e subvencionada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación, inclúe no programa desta edición unha oferta de actividades con temáticas do máis variado.

O programa componse de obradoiros individualizados que se están a desenvolver en varios centros educativos do Concello de Pontevedra.

No CEIP San Martiño o alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria participou en:

  1. Rumbo ás Illas.
  2. Coñecemento do ceo nocturno: creación dun planisferio terrestre.
  3. Reaccións químicas: obradoiro científico.





03 novembro 2020

Obradoiro de xoguetoloxía

Nós sabemos xogar sen ter nada nos petos nin nas mans

Esta semana, o alumnado de 6° de Educación Primaria, tivemos a visita de Chus que nos veu impartir un obradoiro titulado Xoguetoloxía. Con ela aprendimos diferentes xogos (populares, tradicionais, musicais, lingüísticos...) que amosan a riqueza e a variedade do patrimonio lúdico galego.

O alumnado de 6º EP no obradoiro de Xoguetoloxía