Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

01 decembro 2017

FARO DA ESCOLA

O Ceip San Martiño participará este curso no proxecto educativo de Faro de Vigo , Faro da Escola, . O pasado martes tiveron a primeira reunión para coñecer en profundidade o mundo do xornal da man de dous xornalistas. Aquí deixámosvos o enlace a nova.



30 novembro 2017

OBRADOIRO MICOLÓXICO

    Cándido, que pertence á Asociación Micolóxica Brincabois, veu ao CEIP San Martiño a contarlles ao nenos e nenas de 1º e 2° de Educación Primaria os segredos do mundo dos cogomelos. Logo fixeron unha saída ao Lago Castiñeiras, no cal o alumnado entusiasmouse na busca dos cogomelos grazas á guía e o coñecemento deste home. Finalmente montamos unha exposición no corredor inferior do cole. Pasámolo xenial e aprendimos moito. Grazas!