Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

05 outubro 2014

O NOSO ESCRITOR DO MES: FRANCISCO CASTRO

  BIOGRAFÍA

    FRANCISCO CASTRO nado en Vigo, traballa na Editorial Galaxia e é colaborador do programa da TVG, "Boas tardes", ademáis de ser cronista cultural en varios medios galegos. En 2004 publicou "Xeración perdida", novela coa que entra o lector no mundo das drogas, e "Un bosque cheo de faias", que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con "Spam". En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela "As palabras da néboa". No mesmo ano publica "O ceo dos afogados" que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado Borobó despedido'’. Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela" Chamádeme Simbad" (Lista de Honra de IBBY 2012) e Premio Frei Martín Sarmiento 2011, e ao ano seguinte, a novela xuvenil," O segredo de Marco Polo". A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada "In Vino Veritas". No ano 2013, a súa novela "O corazón da Branca de neve" resultou gañadora da 13 edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.

 OBRA

Narrativa 

 A outra banda da fiestra. (1989) Relatos. 
Amor de Cinema. (1994, Edicións do Cumio)
 Play-back. (1997)
 A canción do náufrago. (2001, Ir Indo)
 Xeografías. (2001, Positivas)
 Memorial do inforturnio. (2003, A Nosa Terra)
 Río Leteo. (2004, Espiral Maior).
 Xeración perdida.  (2004, Galaxia)
 Novela. Traducida ao castelán no 2011, como Generación perdida, en Pulp Books. 
Spam.  (2006, Galaxia) Novela. Traducido ao italiano no 2012, en Edizioni dell'Urogallo. 
As palabras da néboa (2007, Galaxia)
 In vino veritas. (2011, Galaxia)
 O corazón de Branca de Neve. (2013, Galaxia).

  Literatura infantil-xuvenil

 Un bosque cheo de faias. (2004, Everest). 
O ceo dos afogados. (2007, Xerais) 
 Chamádeme Simbad.  (2009, Galaxia)
 O segredo de Marco Polo  (2010, Galaxia) 

 Obras colectivas

 Alma de beiramar. (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega). 
23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, 
Hipocampo. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG). Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal. (2005, AELG). 
Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. (2006, Difusora).
 Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
 Letras novas (2008, AELG). 
Quéroche contar un conto (2010, Xerais).
 En defensa do Poleiro. (2010, Toxosoutos). 
Manual para condutores con faros antinéboa. (2010, Xunta de Galicia).
 Pel con pel (2010, Galaxia). 
Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas).
 Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico. 
Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012, Librería Conde, Celanova).
 Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
 Xabarín 18 (2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia).


 PREMIOS

 Premio Lueiro Rey no 1997, por Play-back.
 Premio de poesía O Facho no 2002. 
 Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, por Venres desesperado (look casual friday). 
Premio Frei Martín Sarmiento no 2005, por Un bosque cheo de faias.
 Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, por Ningún fascista morreu inxustamente.
 Premio Blanco Amor no 2006, por Spam.
 Premio García Barros no 2007, por As palabras da néboa.
 Finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil no 2007, por O ceo dos afogados. Premio Frei Martín Sarmiento no 2009, por O ceo dos afogados. 
Mellor libro infantil para as lectoras e lectores da web Fervenzas Literarias no 2009, por Chamádeme Simbad. 
Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez 'Borobó' no 2009, por Borobó, despedido. 
Premio Frei Martín Sarmiento no 2011, por Chamádeme Simbad. Chamádeme Simbad foi incluído na lista de honra do IBBY no 2012. 
Gañador do 13º Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2013, por O corazón da Branca de neve.
 Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2014, por O neno can.


BLOG 

Ningún comentario: