Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria participaron, o pasado mércores 30 de maio, na "Xornada de billarda" organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, xunto con outros catro centros de ensino da cidade (Campolongo, Xeve, Lérez e Campañó).
Nunha única actividade mesturáronse diversión, exercicio físico, contacto con rapaces doutros centros, aprendizaxe de vocabulario relacionado cos xogos populares... deixando un recordo inesquecible en tod@s os que participamos nela. Para mostra, aquí vos deixamos unhas cantas imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario