A gañadora do primeiro premio é Cara Carmona García, dedicoulle a redacción a súa madriña.
Este é a súa redacción:
A miña madriña chámase Antolina, naceu no ano 1952 en Valdeorras, pero de moi pequena foi para Celavente, unha aldea do concello do Bolo, onde naceron os seus pais, ten un irmán maior que ela.
Os seus pais tiñan unha tenda, a súa nai traballaba na tenda e o seu pai levaba os productos á tenda, tamén a súa nai coidaba da horta e tiña que atender os porcos, as galiñas e coidar a casa. A tenda era de ultramariñas, eso quere dicir que venden de todo, dende comida ata roupa e calzado. No comercio vendían a granel , o aceite, o viño, a fariña, o azucre, pesábanse nunha báscula (mabba) e metíanse en cucuruchos de papeis de periódico. Dende moi pequena axudou a despachar na tenda.
De pequena ía a unha escola unitaria porque só había un mestre/a, e mixta porque había nenos e nenas. No colexio estaban dos 6 anos aos 14 anos, ela só estivo ata os 10 anos porque fixo ingreso ao bacharelato.
As nenas xogaban o triguel e a comba. Os nenos a villarda e as canicas, xuntos xogaban ao pano e o pase misín.
Con 11 anos volveu vivir en Valdeorras onde pasou a adolescencía. Estaban de moda os vestidos de naylon con voo, os zapatos de charol e os calcetíns de perlé para sa festas e para o día a día os zapatos de marca "gorila", as alpargatas de esparto e os zocos.
Estudou por libre nun instituto de Monforte de onde lle viña dar clases unha profesora a súa casa, ata 3ª de Bacharelato, que estudou nun colexio de monxas e 6ª estudou nun instituto de Madrid. Fixo tantas viaxes porque naquela época apenas existía a ensinanza pública e tiña que ir aos colexios de monxas(nenas) e de curas (nenos) ou as capitais importantes.
Na adolescencia facían guateques no garaxe do pai dun do grupo ou na serraría doutro do grupo. Levaban música dos Brincos e do Duo Dinámico.
Xa con 24 anos casou cun mozo de Pontevedra, chamado Xosé Ramón. Ao ter a súa filla aos 27 anos decidiron ir vivir a Pontevedra. Aquí empezou a traballar nunha empresa de urbanismo, na que estivo trinta anos, ata que coa chegada da crise quedou no paro e máis adiante xubilouse anticipadamente, aínda que segue a coidar da súa sogra.
Miña madriña di que na súa familia as mulleres sempre estiveron moi presentes, sempre lle falaban da súa tataravoa, que casou cinco veces e mandaba moito, e como iso non era habitual na época, chamábanlle," Doña". A súa avoa era unha contadora de contos, xuntaba a todos os netos e netas o redor do lume, mentras asaban as castañas, contaballes historias de medo ou de persoeiros que pasaban pola aldea vendendo cousas.
Mirando atrás pensa en como ten cambiado a vida nestes sesenta anos, sobre todo para as mulleres, tanto a súa nai como a súa avoa tiñan que contar co permiso do seu pai ou do seu home para facer moitas cousas, como abrir unha conta no banco, mercar ou vender propiedades, separarse da súa parella,etc.
Como apenas había electrodomésticos as tarefas da casa facíanse moi duras, a roupa había que lavala nun lavadoiro ou nun río, apenas había auga corrente nas casas.
Eu quero moito a miña madriña porque ocorrénselle moitas cousas, pódeme contar moitas historias interesantes, lévame a observar as estrelas e cóntame historias das constelacións na mitoloxía grega.
Clara Carmona García ( 6ª Educación Primaria)
Ningún comentario:
Publicar un comentario