Está é a súa redacción
Ola! Chámome Yolanda Crespo Rodríguez. O meu traballo fala dunha muller chamada Sandra Novo Crespo, ten 19 anos, e é a miña curmá. Estuda na Universidade. O seu sono de toda a vida e ir salvar aos elefantes que están en perigo de extinción. Foi aí cando decidiu ser veterinaria e facer o seu sono realidade.
Todos sabemos que a carreira de veterinaria é moi longa e complicada pero esforzandose e con gañas aí está ela aprobando todas! Foi a Inglaterra a coidar duns nenos ingleses e para aprender inglés. Por certo, agora, falao xenial. A maioría das veces está estudando ou na biblioteca.
De verdade, gustaríame ser coma ela porque se traballas no inverno tes o verán para pasalo moi ben. A min paréceme que é unha muller moi eficaz, que se esforza, e os máis importante, as gañas que lle pon. Se non lle pos gañas as cousas non vale a pena facelas.
Quero tela como exemplo polo seu esforzo e as súas gañas. É unha verdadeira estudante, creo que vai ter unha carreira espectacular. Espero que teña sorte porque a quero moito
Adeus, e moitas grazas por todo.
Yolanda Crespo Rodríguez ( 5ª de Educación Primaria)
Ningún comentario:
Publicar un comentario